Amosando publicacións coa etiqueta commonsbaby. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta commonsbaby. Amosar todas as publicacións

6 de maio de 2016

8 anos / 80 cancións


Esta vai ser a escolma ultimate, resumo de oito anos de C'mmons baby! 

Aquí vou ir deitando aos poucos, para que as descarguedes, as faixas que forman parte da memoria desta andaina sonora; ao final, se vos presta, poderedes baixar a compilación enteira nun só .zip
Nota: Con grande dor de corazón van ficar fóra algunhas cancións que me gostaría ter escollido, por respeto os autores; que deixaron de aplicarlles as licenzas que antes permitían a súa distribución. Aínda que na teoría "carta na mesa, pesa (ou presa)", prefiro premiar aos que non son viraventos e manteñen o seu criterio.
  1. The Dots. C'mon babe (LP Fashion For The Dressed And Naked, 2006) CC-BY-NC-SA
  2. Half Asleep. Morning dust soon (LP (We are now) seated in profile, 2005) CC-BY-NC-ND
  3. Angil. Beginning of the fall (LP Teaser for: matter, 2004) CC-BY-NC-ND
  4. The Crevulators. State of mine (EP The Crevulators, YANSR, 2006) CC-BY-NC-ND 
  5. Blanks.. Pouncer (LP Infinite lives, 2006)  CC-BY-NC-SA
  6. Projecto Mourente. Que me enterrem na discoteca (LP Baixo os eucaliptos, A Regueifa, 2006) CC-BY
  7. Fanny + Alexander. Cando eu era mozo (Finais dos 70s, comezos dos 80s, A Regueifa, 2007) CC-BY
  8. Holgado. En Diagonal (EP Peepshow, 2008) CC-BY-NC
  9. Josh Woodward. Nincompoop (LP Dirty Wings, 2007) CC-BY
  10. Moondogs Blues Party. Breakfast blues (LP O cadelo lunático, 2007) CC-BY-NC-SA
  11. Stormy Mondays. Weatherman (EP On my radio, 2010) CC-BY-NC-ND
  12. Sofarojo. No nos verán (LP Papel celofán, 2007) CC-BY-NC-ND
  13. Lara la. Cuando se esconde (LP Canciones pegajosas, Zonaindie, 2006) CC-BY-NC-ND
  14. Cursi y melancólico. Seremos un lugar (LP Sampler 07, Planeta X, 2007) CC-BY-NC-SA
  15. Juani y hermanxs. Date un don (en vivo) (LP Sampler 07, Planeta X, 2007) CC-BY-NC-SA
  16. Jóvenes y sexys. El reloj (EP Bruno, 2008, Pony Republic) CC-BY-NC-ND
  17. B fachada. San Francisco - Amsterdam (EP b sings the lusitanian blues, Merzbau, 2008) CC-BY-NC-ND
  18. The Wind Whistles. Gold fever (LP Window sills, Aaahh Records, 2008) CC-BY-NC-SA
  19. Rifle Nice. Come by it naturally (LP Rifle Nice, 2006) Free download
  20. Me dais poca. Administradorrr (EP Administradorrr, 2008) CC-BY-NC-ND
  21. Las buenas noches. El mal camino (LP Aventuras domésticas, 2008) CC-BY-NC-SA
  22. Mombojó. Homem-espuma (LP Homem-espuma, 2006) CC-BY- ? 
  23. The Singletons. Once upon a time (LP The Singletons, 2008) CC-BY-NC-SA
  24. Entertainment for the braindead. Resolutions (LP Hydrophobia, 2008) CC-BY-NC-SA
  25. Stealing Orchestra. Palpitações, Delírios e Mau Feitio ao Acordar (LP bu!, 2004) CC-BY-NC-ND
  26. Azevedo Silva. Sorrir (LP Tartaruga, 2007) CC-BY-NC
  27. Brad Sacks. Come back (LP Guess who's a mess, 2012) CC-BY-SA
  28. The Upstairs. Ku Nobatkan Jadi Fantasi (LP Ku Nobatkan Jadi Fantasi, YNWR, 2008)CC-BY-NC-SA
  29. America del Sur. I Don't Know You and We're Not Even Friends (LP America del Sur, Rack & Ruin Records, 2008)  CC-BY-NC-ND
  30. Insula Dulcamara. Gli occhi e la mani (EP L'Inchiostro Peggiore, 2007) CC-BY-NC-SA
  31. Grace Valhalla. Summercamp (LP SummerCamp, 2008) CC-BY-NC-ND
  32. The Sinister Turns. I support women in science (EP Turn to the left, 2006) CC-BY-NC-SA
  33. The Harvey Girls. Hey, little sprout! (reimagined) (EP Nutate Remixes, 2008) CC-BY-NC-SA
  34. Rupert Falsch. Generikum (LP Links auf der Fahrbahn, ein totes Tier, Corpid Netlabel 2009) CC-BY-NC-ND
  35. Keyboard Rebel. My Lordship (LP Pop Grenade, Aaahh Records, 2008) CC-BY-NC
  36. Quant. We'll make you smile (LP New adventures in full color, 2009) CC-BY-NC
  37. Gosprom. Japan punk (EP Lazy, Headphonica, 2009) CC-BY-NC-SA
  38. Celebration. Great Pyramid (LP Hello Paradise, 2011) CC-BY-NC-SA
  39. Learning Music. Contagious (LP LMM 1.12 Contagious, 2007/2009) CC-BY-NC-SA
  40. The Very Sexuals. Carla (LP Post-Apocalyptic Love, 2009) CC-BY-SA

22 de abril de 2016

Quero preparar un "grande finale"


Xa ben vedes que levo tempo sen emitir, non era a miña intención ter esta longa pausa, mais chegou o momento de tomar unha decisión.

Foron oito anos de músicas e falares, oito anos marabillosos...
Cando comecei esta andaina-andanza contaba con chegar ás cen emisións ou aos cinco anos, o que antes chegase, e rematar. Cheguei a cinco anos e seguín, dixen: até as cen! mais o pulo primixenio foi perdendo forza, e chegou o tempo de pechar isto por un tempo. Quen sabe se hei voltar, xa sabedes, C'mmons baby! naceu o día de defuntos e non pode morrer.

Mais antes da marcha, quero facer unha última emisión, e quería pedirvos colaboración, que fagades peticións de músicas que soaran aquí, descobertas, preguntas que me quixestes facer e que nunca me fixestes, mensaxes sonoras... o que vos pete, e facer entre todos unha última emisión (non quero dicir, derradeira, négome) épica, en común, entre todos, compartida, porque este proxecto naceu para iso, para compartir.

Podedes deixarme as suxestións (até o 5 de maio), preguntas, ou o que queirades, nos comentarios desta entrada, na conta de twitter (@commonsbaby), ou no correo do programa info@commonsbay.com.

14 de decembro de 2012

Colleita do 2012

Acabo de facer unha escolma, improvisada e a bulir, de 2+12 cancións publicadas baixo licenzas CC que podedes atopar en Soundcloud. Non son as mellores, nin as peores, son as que atopei nun repaso rápido entre as que "favoritei" este ano, que vos presten e que a colleita do ano vindeiro sexa produtiva e gorentosa.

16 de outubro de 2010

Achégase o 3º cabodano!

Ola, d'aquí a dúas semanas C'mmons baby! vai facer tres anos de emisión de músicas libres. Pasa o tempo coma unha centella!
Quería pedirvos un favoriño e axuda para o vindeiro 1 de novembro facer un programa especial.

Quixera que me mandásedes un correo (preferentemente unha gravación de voz de non máis de 2 minutos, mas tamén pode ser un textiño breve) cun saúdo, que me contedes un pouco desde cando coñecedes CB!, desde onde é que o escoitades, que vos gusta (ou non) e o porqué... ou o que se vos ocurra, e dicirme tamén unha canción ou músico que teñades descuberto aquí e sexa xa parte da vosa banda sonora persoal; así, entretodos, imos conformar a escolma musical dese día.

Veña, ide preparando un correo-e a info@commonsbaby.com co asunto: "3º cabodano" e entre os que participedes vou sortear unha camisola e unha chapa "conmemorativa" do 3º cabodano.

23 de maio de 2010

C'mmons baby! no Novas da Galiza nº89

Xa está para baixar o .pdf (1.46 MB) do número 89 (abril 2010) do xornal Novas da Galiza, onde podedes ler a entrevista que me fixo Antía Rodríguez, falando de C'mmons baby!, os meus inicios no podcasting, o tema das licenzas Creative Commons e todas esas cousas. Podedes baixalo entrando na hemeroteca do xornal.

3 de marzo de 2010

Hoxe estamos en Intangible 23 (Canarias Ahora Radio)

Hai uns día contactou comigo Ayoze García, director e presentador de Intangible 23, un novo espazo sonoro sobre músicas libres. Ben, novo novo non é porque seica levaba xa máis dun ano emitindo por Radio Guiniguada, mas agora deu o chimpo a Canarias Ahora Radio con catro horas semanais (de luns a xoves). Pois ben, envioume un correo para ver de entrevistarme no seu programa e falar un chisco de C'mmons baby! e das músicas de libre distribución; eis que hoxe a partir das 13.00 h. hora das Canarias e Portugal (14.00 h. hora oficial española) estarei nas ondas radiofónicas. Se queredes, podedes escoitalo en directo dende a web da emisora.
Onte falou con David Domingo, de netaudio.es e Phlow.es, dous dos sitios de referencia na escea do netaudio en España. Tedes o corte da entrevista nesta ligazón.
Axiña vai ter traballando os rss do programa para que se poida escoitar encasulado (podcast), entramentes podedes facervos seareiros e estar ao tanto das novidades na súa páxina en Facebook ou na súa conta en Twitter.

Xa podedes escoitar a entrevista aquí.

Graciña Ayoze!

29 de novembro de 2009

C'mmons baby! no Viralatas

Cmmons baby no Viralatas 3
Con algo de retardo deime de conta que no Viralatas nº3 (.pdf 5,55MB) falaron da existencia de C'mmons Baby!:
Podcast de músicas libres
O blogueiro cangués Ictioscopio realiza este podcast quincenal de media hora no que pincha, informa e entrevista sobre músicas de todo o mundo publicadas con licenzas copyleft, con especial atención ás galegas e lusófonas. Para escoitar coas orellas ben abertas.
Obrigado ao responsábel e á xente de Viralatas :)

31 de outubro de 2009

Este domingo nova dose dupla

Este domingo, máis unha vez, cadrou que C'mmons baby coincide cunha nova visita a Radioceánica; co cal haberá dose dupla de músicas libres. Por tanto, non esquezades pór a orella na Radio Galega Música mañá ás 22.00 h. Menudo xeito bo de celebrar o 2º aniversario!!
E a emisión de mañá de C'mmons baby vai ser algo especial, xa que temos pensado encetar un concursiño para premiar aos que levades todo este tempo escoitando a apoiando este proxecto. Obrigado!

E no luns, segunda feira, xa porei ligazóns e listaxe das músicas que soaron na radio para os que queiran saber máis dos músicos e das músicas das que falamos.

2 de outubro de 2009

Video promocional de C'mmons Baby!

Video promocional de C'mmons Baby! from ictioscopio on Vimeo.


O 2 de outubro de 2007 encetaba este blog anunciando a chegada de C'mmons Baby! Dous anos despois decidín facer un pequeno vídeo promocional, bilingüe galego-inglés. Agardo que vos preste, vos faga pasar un bo momento e fagades por espallar, polo mundo enteiro, as músicas que vos achego desde aquí.
Grazas a Under, por axudarme coa realización do vídeo, e a rachel por axudarme co inglés ;)

5 de setembro de 2009

Domingo con dose dupla

Pois si, cadrou así, este domingo toca emisión de C'mmons baby! mas tamén colaboramos, máis unha vez, no Radioceánica; co cal haberá dose dupla de músicas libres para quen queira. Non esquezades pór a orella na Radio Galega Música mañá ás 22.00 h.
No luns, segunda feira, porei ligazóns e listaxe das músicas que soaron na radio para os que teñan curiosidade por saber máis dos músicos dos que falamos.

15 de xullo de 2009

Este domingo entrevista a b fachada

Este domingo, ou luns se non me dá a virada, a nova emisión de C'mmons baby! trae a entrevista que lle fixemos a b (fachada) en Porto no mes de xuño, despois do concerto no Contagiarte.
Para ir quecendo motores déixovos o vídeo de Zé!, canción coa que abre o seu novo disco Um fim-de-semana no Pónei Dourado, editado pola Flor Caveira.

Zé! - b Fachada from Vasco Monteiro on Vimeo.

13 de abril de 2009

C'mmons baby! fixo conta en twitter

Os que me coñecen saben que nunca fun fan de twitter, mas seguindo co meu PDM vía C'mmons baby! decidín que en cantos máis sitios estea e máis posibilidades dea para que a xente fique ao tanto das actualizacións, máis se espallará a boa nova das músicas libres e blablablá...
Por tanto aí na esquerda podedes ver outro novo botón "social" para seguir CB! tamén en http://twitter.com/commonsbaby

(Ah, e tamén engadín un botón para enviar as entradas ás distintas redes sociais e agregadores, por se considerades que algunha paga a pena espallala e facerlle propaganda...)

28 de xaneiro de 2009

Sobre o merchandising baby! e outras historias

Ben, respecto do das camisolas, algún xa anda lucindo a súa polo mundo adiante, outros van ter que agardar un chisco por "problemas técnicos" (os do modelo en branco), e pronto hei idear un concursiño para sortear un par delas.
Máis cousas... tamén hai crachás, chapas, insignias ou como queirades chamalas, podedes conseguilas en Santiago de Compostela se pasades por o Bar As dúas, que teñen alí unhas poucas (apurai que voan!), mas se non andades perto, contactade comigo e veremos o xeito de achegarvos algunha.
E para rematar, dicirvos que me deixei convencer por unha fabulosa emereci para crear unha páxina de c'mmons baby! no facebook para ver de promocionalo por outros medios; por tanto, se ollades na columna da esquerda, onde o de "este podcast está niquelado", hai un botón para visitar o sitio e facerse fan. Alí poderedes ver tamén as mesmas notiñas que subo ao grupo do last.fm, recomendando algunha música que non teño tempo ou sitio de emitir polo podcast.
E acho non hai máis novidades polo de agora, até o domingo!

9 de outubro de 2008

Opaíí!! C'mmons baby! en Rádio FilispiM

logo radio filispim
Pois si, agora que xa é oficial, podo dicilo: Esta tempada imos emitir tamén polas ondas grazas a boa xente do Colectivo Opaíí, responsaveis de Rádio FilispiM, a rádio livre e comunitária da terra de Trasancos.

Horarios de emisión en Rádio FilispiM:
Martes: 17:00hs. - 17:30hs.
Venres: 11:00hs. - 11:30hs.

E este domingo... regresamos, andai axexantes!

16 de setembro de 2008

Adíase un pouco máis o regreso

Por mudanza de morada, o regreso de C'mmons Baby! vai adiar un pouco máis, síntovolo. Déixovos o disco recomendado da semana: Post-Apocalyptic Love, dos The Very Sexuals; non especifican que sexa distribuido baixo licenzas abertas, mas si se pode descargar de balde na súa web.
Lémbrovos que aínda se pode votar polo deseño da camisola, no foro do grupo no last.fm ou aquí no blog. De momento, a cousa vai parella: 5 votos preta, 4 votos branca... tedes até o 3 de outubro para votar.

Abraços e bejinhos!

Enlaces relacionados: The Very Sexuals, NeonBelle, Pien Feith.

3 de setembro de 2008

Merchandising baby!

camisolas
Case a piques de regresar con novas emisións, ando pensando en facer un pouco de promoción analóxica; e pensei en imprimir unha ducia de camisolas co símbolo de C'mmons baby! Mas teño un problema, non me decido polo deseño e quero que me axudedes a decidir: a negra ou a branca?
Deixade un comentario ou mandade un correo coa vosa preferida.

Lémbrovos tamén, que abrín un grupo no Last.fm onde entre outras cousas ides poder enterarvos dalgunhas novidades ou curiosidades que por H ou por B non poño aquí, como por exemplo que segundo Feedburner levamos máis de 1.000 descargas entre todos os episodios (mas 11.649 visualizacións segundo Blip.tv)

Até breve!

10 de xuño de 2008

Projecto Mourente en c'mmons baby!

E pois si, en nada imos ter un c'mmons baby! especial cunha entrevista que lle fixen uns días atrás a Carlos Valcárcel, alma nai de Projecto Mourente; ando algo demorado na edición, pero nada, se todo sae ben nun par de días como muito tereino subido.
E vai chegar con algunha sorpresiña en forma de concurso... andai atentos!

24 de marzo de 2008

Desculpas

Por problemas buco-faríxeos, o c'mmons baby! #09 vai adiarse uns días. Desculpai.

15 de xaneiro de 2008

recuerda baby!

Os recuerdo que el concurso para ganar el primer álbum de Odran Trümmel está aún activo, pero sólo tenéis de plazo para enviar vuestras respuestas hasta el domingo. Ya llegó alguna respuesta correcta, por tanto, si estáis interesados daos prisa.
Por otro lado, unos amigos blogomilleiros organizan una fiesta este viernes, y me pidieron ser uno de los seis dilleis (Dj Mourente, Dj SK, Dj Helena, Dj Pezunhitas, Dj Common Boy, Dj Sak) que amenicen la velada. Y me liaron por lo de pinchar música bajo licencias copyleft. Yo no soy dillei, y nunca pinché, así que espero que no resulte demasiado desatroso.
c'mmons byebye!

22 de outubro de 2007

se buscan c'mmon babies!

Después de una semana por Madrid, regresamos a la actividad; esta vez pidiendo colaboración.
Seguimos preparando el estreno, que si todo va bien será el 1 de noviembre, y me gustaría recibir grabaciones con la expresión c'mmons baby! o c'mmons baby! light my player! con distintos tonos y timbres de voz para las cortinillas, ráfagas y todas esas cosas. Espero vuestra colaboración. También poco a poco voy añadiendo enlaces que considero interesantes (o simplemente son amigos) en la columna de la izquierda, y que tienen que ver con el podcasting o la música.
c'mmon bye-bye!
cookieassistant.com