Amosando publicacións coa etiqueta portugal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta portugal. Amosar todas as publicacións

30 de abril de 2013

C'mmons baby! #80 (liberado)

Regresamos despois do secuestro. Se cadra precisaba tempo para recuperarme da experiencia, mais nunca houbo C'mmons baby! secuestrado que non regresase, e aquí andamos de volta; dando conta dalgunhas novidades que saíran mentres estivemos ausentes (duración 18'45").


baixar mp3 / baixar ogg

Ligazóns relacionadas: El Rancho, Aaahh Records.

12 de decembro de 2012

C'mmons baby! #77

Despois de máis de mes e medio de atraso chega o especial 5º cabodano. É pouco especial, a non ser porque é o duplo de longo na duración. Pedimos perdón pola demora e repasamos músicas dalgúns vellos "amigos" e traemos outras dalgúns novos. Tamén anunciamos que de aquí en diante C'mmons baby! vai ser reemitido desde Madrid via Nosuti Radio.
(duración: 34'19")



Baixar o mp3 / baixar o ogg


Ligazóns relacionadas: entrevista a Monk Turner en Cb!; entrevista a Monk Turner en Intangible 23; 189Mhz; We Are Unique Records.

20 de setembro de 2011

C'mmons baby! #67

Os paxaros foron cantar á terra do millo corvo porque son ceibes, porque poden ir e vir onde lles pete. Pola contra, nós (tamén coñecidos como humanidade) somos escravos dos cartos (duración 16'30").



Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Mimi Records.

14 de maio de 2011

Radioceánica (14)

O pasado domingo día 8 volvemos pasar por Radio Oceánica para falar de máis música. abaixo tedes a listaxe de temas e as ligazóns relacionadas.
Podedes baixar un .ZIP coas cancións que soaran aquí (35,56 MB) ou escoitar a emisión completa aquí (agora RGM ten podcasts, eís o rss de Radioceánica.

31 de xaneiro de 2011

C'mmons baby #63 (a bailar e abalar)

Comezamos ano e emisións desde o noso novo Oslo Studio con gañas de bailar. Tamén vos comento, para os que ainda non o sabedes, que desde a emisión #9 de Io~nos, tedes alí un micro-espazo chamado Petit commun, onde cada mes vou ir deitando músicas libres que ás veces fican fóra de aquí, ou non, xa se vai ver como deriva a cousa.
En calquera caso, esta primeira emisión do ano é para nos recargar de enerxía positiva (duración: 29'23'').




Baixar o mp3

9 de novembro de 2010

C'mmons baby#61 (especial 3º cabodano)


Este si é o especial 3º cabodano de C'mmons baby!
Primeiro de todo agradecer aos que escribiron e/ou mandaron mensaxes sonoras para unirse a esta pequena festa.
36 meses, máis de 60 emisións, 10 entrevistas, ninseicantos músicos e cancións... xente que escribe e nos sigue desde unha chea de países do mundo... se cadra o PDM non vai tan mal. (duración 53'08")


Baixar o mp3


Ligazóns relacionadas: A Regueifa; onda66; Radioceánica; Zimmer103; Intangible 23; trastienda.org ; Circle into square.

11 de outubro de 2010

Radio Oceánica (13)

Despois de bastantes meses, onte volvemos pasar por Radio Oceánica para falar de máis músicas libres.
E ficou fóra por falta de tempo: Yawn. Toys (Yawn EP).

Podedes baixar os temas aquí (.zip 40.24 MB) ou escoitar a emisión completa aquí, calcando en Horario e gravaciónse e buscando a emisión do 10 de outubro de 2010, ou directamente aquí.

26 de xullo de 2010

C'mmons baby! #58 (sei o que fixestes)

A pesares da ausencia destas catro longas semanas puiden seguir, grazas aos rss e a internet, moitas das cousas que fixeron os músicos que comparten a súa música con nós. Houbo algunha "mala" nova na rede galega, mas como dixo o filósofo: "os ocos están para enchelos..." de música que agardo sexa do voso gusto. (duración 39'06'')




Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: 23seconds; Circle into square; Poni Republic; Mbari Música.

22 de xuño de 2010

C'mmons baby#57 (camiño do sur)

Chega o verán e a xente migra cara terras quentes onde torrar a pel; e din que no sur vai máis calor; aínda que non imos baixar muito que agora mesmo no hemisferio austral andan no inverno. (duración 31'44'')




Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Mal Amigo; Medelia en trastienda.org; Het Gloren en Beep! Beep!; Cudevaso n'A Regueifa; Capullo en Poni Republic; Birds Are Indie na Mimi Records.

3 de xuño de 2010

Fora de tono #001

Benvidos á primeira emisión do spin-off de C'mmons baby!: Fora de tono, música libre para ouvidos (ou orellas) ultrasensíbeis.
Quixen enxertar este esgallo do programa nai para facerlle un pouco de sitio a esas músicas que están algo fóra do abano, máis ou menos estándar, do pop-rock que vos presento en C'mmons baby!
O formato vai ser moi sinxelo: introducir as composicións e a información dos artistas ao primeiro (2 ou 3 como moito) e despois darlle ao play tentando non pasarme dos 10-15 min. A periodicidade vai ser irregular, aínda que farei por que haxa unha emisión ao mes.
O rss é o mesmo de C'mmons baby! así non tedes que subscribirvos a nada novo. Comezamos, 1, 2, 3... (duración: 13'05")


Baixar o mp3

23 de febreiro de 2010

C'mmons Baby! #51 (gomos e guichos)


A emisión de hoxe ten dúas partes: unha máis calma e outra máis enerxética. Mostramos o proxecto solo de David Miranda, cantante e guitarrista de Nouvelle Cuisine, a primeira (que saibamos) aparición de Mia Doi Todd nun disco publicado baixo licenzas CC, repasamos algún disco de hai tempo e damos a benvida ao novo EP do trío californiano The Franks. (32m12s).


Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Discos Perdidos; Bandcamp; Vosotros; Cyané en Delhotel Records; A Regueifa; 23 seconds; en Sonic Space Foundation falan do disco dos Guezos.

24 de agosto de 2009

C'mmons Baby!#39 (o domingo é un día normal)


Regresamos despois da pausa de agosto (cun día de demora). Demasiadas novas músicas nestas semanas para traérvolas todas, aquí vai unha pequena escolma dalgunhas das novidades que nos chegaron nos últimos tempos. O derradeiro lanzamento da Merzbau, un outro máis destacado da Flor Caveira, nova canción de Celebration, novo proxecto de Juan Mateos Silva (sofarojo), novo compilado do netlabel 23seconds e unha suxestión dun ouvinte. Quen dá mais por menos?



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Mariana Ricardo na Merzbau; Flor Caveira; 23 seconds; Jamendo.

2 de agosto de 2009

Cmmons Baby! #38 (onde andará o sol)

Neste mes de agosto, dun verán de chuvias e nubes, chamamos polo sol para ver se quencemos dunha vez. Procurámolo en Maryland (EUA), na Cataluña dúas veces e outras tantas na Arxentina, en Portugal e nos Paises Baixos.
Imos marchar uns días de vacacións, que isto tamén dá traballo e ben merezo un descanso... regresamos non en quince días senón en vinteun, aló no 23 de agosto. Tomade o sol, mas con precaución e protección (duración: 29'30").


Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Rack & Ruin Records; Tercera Vía; Planeta X; De paso, disco debú dos D'Callaos; Oceansea en Jamendo.com; Mandarinas Records; WM Recordings.

22 de xullo de 2009

Tradição oral contemporânea

Na entrevista com o b fachada falamos deste documentário de Tiago Pereira; esquencera pór uma ligação, agora ponho o trailer.
No Bodyspace falaram dele há já uns meses, e mais entrevistaram também ao b fachada.

TRAILER bfachada Tradição oral contemporânea from Tiago Pereira on Vimeo.

21 de xullo de 2009

C'mmons baby! #37 (entrevista a b fachada)

Cun pouco de demora (desculpas) traemos a entrevista a b fachada, que realizamos no pasado mes de xuño no Porto, no Contagiarte. Participa na entrevista, preguntando, o amigo Isaac González condutor de Radioceánica, na Radio Galega Música. Tamén soa unha promo do podcast canario Doramas, que fala coma nós de músicas libres, e que presenta Miguel Acín.
A foto tomeina de Vera Marmelo. Obrigado a todos.



Baixar o mp3

  • b fachada. Monogamia (versão monofónica)
  • b fachada. Soraia
  • b fachada. Zappa português
  • b fachada. O ciúme e a vergonha
  • b fachada. Zé!
Enlaces relacionados: entrevista a Noiserv; Merzbau; Flor Caveira; podcast Doramas.

7 de xuño de 2009

C'mmons baby! #34 (fóra de tono)

Fóra chove e dentro aínda sentimos a resaca de emocións musicais que b (fachada) e noiserv nos fixeron sentir no espazo cultural Contagiarte do Porto. Encetamos un novo espazo para músicas menos pop-rock, fóra de tono, a petición dun ouvinte; por recomendación doutro descubrimos ao Dúo Cobra e presentamos cadenseu segundo disco dos starstarsar e os The Wind Whistles.




Baixar o mp3


Enlaces relacionados: A Regueifa; Aerotone; Clinical Archives; Rack & Ruin; Aaahh Records.

25 de maio de 2009

C'mmons baby! #33 (falares e unha toalla)

Aproveitando que o pasado 21 de maio foi o día da diversidade cultural, iniciamos o C'mmons baby! en inglés (:P) e facemos unha pequena viaxe por linguas aínda pouco "populares" á hora de cantar nesta península nosa: asturiano, éuscaro e catalán... Tamén polo aquel do DdoOLeR e o día da Toalla paramos un chisco en Portugal para darlle a bemvinda ao regresso do netlabel You Are Not Stealing Records. Rematamos cun adianto do xa inminente novo disco dos Ataque Escampe, A grande evasión.




Baixar o mp3

Enlaces relacionados: A Regueifa; You Are Not Stealing Records; Mundurat.net, musikherria.org; Seiurte; musicalliure.cat; Quimera Records; Toli Morilla; Xera.

3 de maio de 2009

Radio Oceánica (7)

Recupero as entradas das miñas colaboracións en Radio Oceánica, que tiña algo abandonadas. Este domingo 3 de maio fixen a seguinte escolma (ainda que só puideron emitirse 4 cancións por falta de tempo).
E non soaron: Gosprom. Japan Punk e The Franks. Neon Politik.

Podedes baixar os temas aquí (43.66 MB) e escoitar a emisión despois, cando o suban e queirades, aquí, calcando en Horario e gravacións.

26 de abril de 2009

C'mmons baby! #31 (nouvelle cuisine)

Levabamos xa tempo detrás dos Nouvelle Cuisine para que nos falasen do seu último disco "de memoria"; aproveitamos que van tocar o 1 de maio no Festival do Norte para entrevistar a Carlos Lens, baterista da banda. Descúbrenos as sorprendentes aventuras e desventuras de sacar un disco fóra da "industria" (a entrevista fíxose na terraza do bar As Dúas, onde non é raro escoitar as músicas recollidas nas escolmas de C'mmons baby! ao tempo que comedes unha das súas fabulosas tostas).
Tamén temos unha pequena lembranza para o 25 de abril portugués, e despedimos ao netlabel Merzbau. Rematamos cun disco dos Keyboard Rebel (baixo o alcume de Slope) que fixeron alá atrás en apenas 24 horas pechados nun cuarto.



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Nouvelle Cuisine no myspace; Merzbau; Lonxa Cultural; Festival do Norte; Keyboard Rebel, Bar As Dúas.

29 de marzo de 2009

C'mmons baby!#29 (proscritos voluntarios)

De cada vez hai máis músicos, xa con nome feito e sona, que fuxen das súas discográficas, rachando as cadeas que os atan, para sentirse libres e ter así o control da súa obra; para decidir eles o xeito, o onde e o cando distribuir a súa música. Hoxe en C'mmons baby! imos falar dalgúns deles. No blog Remixtures publicaron o artigo que nos inspirou e desde o cal partimos nesta viaxe.
Tamén desvelamos o gañador do concurso de Keyboard Rebel, con quen axiña imos contactar por correo electrónico para acordar como enviarlle o premio. Parabéns ao afortunado!


Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Remixtures; CASH music; NIN|JA 2009; o vídeo de Angil e Françoiz Breut no youtube.com; Françoiz Breut.
cookieassistant.com