Amosando publicacións coa etiqueta u_mä. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta u_mä. Amosar todas as publicacións

12 de outubro de 2008

C'mmons baby! #17 (homes e planetas)


Despois da pausa de verán e as mudanzas de morada... Retomamos o fío da emisión anterior e viaxamos até Brasil para escoitar a Mombojó que Jamila Maia, cantante dos Mahalab, nos descubría daquela. Tamén lles damos folgos a Boy Elliot & The Plastic Bags na súa aventura planetaria no Festival Liet-Lavlut de linguas minorizadas. Achegamos os últimos lanzamentos de A Regueifa e de Error! Lo-fi: Zora Gabbara e Be Brave Benjamin. Máis un disco invisíbel, outro neonescente, e os resultados da votación para a camisola de C'mmons baby!



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Boy Elliott & The Plastic Bags no myspace; A Regueifa Plataforma; Zora Gabbara no myspace; Be Brave Benjamin no myspace; Error! Lo-fi; La Ventana Pop fala de Las Buenas Noches; Neonbelle no myspace, The Very Sexuals, Pien Feith.

21 de xullo de 2008

Radio Oceánica (3) e demoras

Onte pola noite, ás 22:00 h. (GMT +01:00) fixen a terceira visita ao fabuloso Radio Oceánica. A pesares dalgún despiste técnico, a boa música sobreponse porriba, e vemos que a labor é ben recibida pola audiencia fiel e entusiasta. Eís a música que levei ao programa.

Lembro que se pode escoitar pola radio, ou ben pola rede, e despois cando queirades aquí, calcando en Horario e gravacións.
Tamén pido desculpas pola demora en saír a nova emisión de c'mmons baby! e desvelar o resultado do sorteo de Kara.o.ke; prometemos telo nesta semana.

Abraços!!
cookieassistant.com