24 de xaneiro de 2010

C'mmons Baby!#49 (debaixo da manta)


Aínda que hoxe saíu o sol, levamos un tempo no que se non chove vai frío, e se non vai frío chove. Esta climatoloxía convida a deitarse no sofá debaixo dunha manta e relaxarse con bebidas quentes e músicas moles. Hoxe traemos un feixe de cancións calmas para acompañarvos nestes curtos, aínda que cada vez menos, días de inverno. (27m11s)


Baixar o mp3



Enlaces relacionados: 12rec.net; Cashmusic; Vosotros; Aaahh Records; Betty Argo; Jamendo; Lemonjohn; cllct; Bandcamp

18 de xaneiro de 2010

Radio Oceánica (11)

Onte domingo pasei máis unha vez por Radio Oceánica; déixovos aquí a listaxe das cancións das que falamos.
Podedes baixar os temas aquí (44.41 MB) ou escoitar a emisión completa aquí, calcando en Horario e gravacións, ou directamente aquí e buscando a emisión do 17 de xaneiro de 2010.

Nota: No programa falei do Cologne Commons de Colonia, mas en realidade tratábase do de Berlín e Netaudio Festival desta nova.

17 de xaneiro de 2010

Sorteo do concursiño 2º Cabodano de C'mmons baby!


Aquí vos deixo o vídeo do sorteo para demostrar que non houbo trampa nin cartón ;)
Nos próximos días imos pórnos en contactos cos afortunados para acordar como e cando achegarlles os premios.
Parabéns aos premiados!!

10 de xaneiro de 2010

C'mmons Baby! #48 (ano de neves)

Comeza o ano con frío e nevaradas; di un refrán castellano que Año de nieves, año de bienes, que sexa certo.
Na primeira metade lembramos estes pasados días de Nadal ou Solsticio de inverno ou whatever, dámoslle ao funky-soul e invocamos ao sol. Na segunda metade facemos unha curta viaxe polas novidades galegas das últimas semanas. Falamos pouco e andamos lixeiros que había que quencer o corpo... (28m48s).


Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Rack& Ruin Recordst; Bandcamp; Rock Proper; Pressing Catch BerroBamBam.

6 de xaneiro de 2010

disco turquoise 2010



Con máis demora da prevista póñovos aquí unha escolma para celebrar o novo ano. Desta vez algúns de vós tedes muito que ver na selección, pois axudastes a facela. Penso que ficou un feixe de cancións ben variado e para todos os gustos, agardo que a gocedes. Podedes baixala nesta ligazón (.zip 146,4 MB).
  1. orquestra popular de paio pires. tokyo melody (pt)
  2. noiserv. bullets on parade (pt)
  3. b fachada. san francisco/amesterdam (pt)
  4. dean woods. connecticut ryvr (us)
  5. eric maskol. the big hand (us)
  6. nouvelle cuisine. seremos cajeras (gz)
  7. wild honey. brand new hairdo (es)
  8. earl greyhound. oye vaya (us)
  9. velhos e usados. jeans (br)
  10. juani y hermanxs. date un don (ar)
  11. celebration. I will not fall (us)
  12. the black atlantic. fragile meadow (nl)
  13. joão coração. fado do bolo alimentar (pt)
  14. corrientes. ¡óyeme tiburón! (us/cu)
  15. family of the year. psyche or like scope (us)
  16. the dead bodies. selfless devotion (us)
  17. rupert falsch. generikum (de)
  18. happy elf. come back (nl)
  19. pornophonique. space invaders (de)
  20. gosprom. lazy (ua)
  21. the family simpson. tin hearts (pt)
  22. the homens. tigre, tigre! (gz)
  23. the franks. neon politik (us)
  24. leite de nai. disco es tu (gz)
Tamén vos lembro que este domingo regresamos e... se non se revira a cousa habemos anunciar os gañadores do concursiño. Apertas, bicos, beijos, abraços e feliz ano a todos!
cookieassistant.com