Amosando publicacións coa etiqueta cabodano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cabodano. Amosar todas as publicacións

21 de novembro de 2013

C'mmons baby! #82 (proletarios e defuntos)

Este é o especial 6º cabodano de C'mmons baby! que debería ter saído o 2 de novembro. Chegou tarde, mas chegou, chegou cheo de arrepiantes novas para o proletariado e fermosas historias de medo. Morte e amor loitando xuntos, Tánatos e Eros, cada un nunha aurícula dos teus ouvidos (duración 30'38").


baixar mp3 / baixar ogg

Ligazóns relacionadas: Discos da Máquina, Fundación Robo, Intangible23.

11 de novembro de 2011

C'mmons baby!#68

Pasou o día de defuntos, o noso cabodano, e chega o noso especial con algo de demora, ben é certo que hoxe é san Martiño, que tamén é un día de defuntos, de porcos defuntos. Repasamos as catro cancións libres máis escoitadas nestes catro anos que levamos de andada. (duración 20'13")


Baixar o mp3


Ligazóns relacionadas: We Are Unique Records, Hit City USA, Poni Republic.

9 de novembro de 2010

C'mmons baby#61 (especial 3º cabodano)


Este si é o especial 3º cabodano de C'mmons baby!
Primeiro de todo agradecer aos que escribiron e/ou mandaron mensaxes sonoras para unirse a esta pequena festa.
36 meses, máis de 60 emisións, 10 entrevistas, ninseicantos músicos e cancións... xente que escribe e nos sigue desde unha chea de países do mundo... se cadra o PDM non vai tan mal. (duración 53'08")


Baixar o mp3


Ligazóns relacionadas: A Regueifa; onda66; Radioceánica; Zimmer103; Intangible 23; trastienda.org ; Circle into square.

16 de outubro de 2010

Achégase o 3º cabodano!

Ola, d'aquí a dúas semanas C'mmons baby! vai facer tres anos de emisión de músicas libres. Pasa o tempo coma unha centella!
Quería pedirvos un favoriño e axuda para o vindeiro 1 de novembro facer un programa especial.

Quixera que me mandásedes un correo (preferentemente unha gravación de voz de non máis de 2 minutos, mas tamén pode ser un textiño breve) cun saúdo, que me contedes un pouco desde cando coñecedes CB!, desde onde é que o escoitades, que vos gusta (ou non) e o porqué... ou o que se vos ocurra, e dicirme tamén unha canción ou músico que teñades descuberto aquí e sexa xa parte da vosa banda sonora persoal; así, entretodos, imos conformar a escolma musical dese día.

Veña, ide preparando un correo-e a info@commonsbaby.com co asunto: "3º cabodano" e entre os que participedes vou sortear unha camisola e unha chapa "conmemorativa" do 3º cabodano.

1 de novembro de 2009

C'mmons baby! #44 (segundo cabodano)

Hai hoxe dous anos, ao abeiro dos defuntos e das catrinas comezaba C'mmons Baby! Emisión chea de agradecementos, celebracións e boas vibracións... ah si, o concurso: como este ano non fixen aínda escolma, quero que me botedes unha man para facela escollendo 24 cancións de todas as que emitimos nestes dous anos; tedes que enviar un correo (ictioscopio en gmail.com) ou deixar un comentario nesta entrada (deixando url ou algo de contacto) co título de 3 das vosas cancións favoritas das emitidas ao longo destas 44 emisións, e as máis votadas conformarán esa escolma. Os que participedes entrades nun sorteo de 3 premios, que xa vos iremos contando. Prazo: até o 11 de decembro. (25m44s)


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: Peppermill Records; In a cabin with; Berrobambán.

9 de novembro de 2008

C'mmons baby! #19 (era unha vez..)


Hoxe traemos un c'mmons baby! de conto para celebrar o noso primeiro aniversario, quei voa o tempo!
Temos príncipes-vaqueiros azuis, lobos mouros, e unha princesiña de ollos verdes; músicas libres de todas as cores. E de remate unha banda italiana que nos contactou no correo-e para sair neste recuncho e fixémoslle un oco nesta emisión.



Baixar o mp3


Enlaces relacionados: The Singletons no myspace; Dallas Kincaid en jamendo; Franc3s no myspace; A Regueifa Plataforma; aaahh records; Confusion is next no myspace; trastienda.org.
cookieassistant.com