Hai hoxe dous anos, ao abeiro dos defuntos e das catrinas comezaba C'mmons Baby!
Emisión chea de agradecementos, celebracións e boas vibracións... ah si, o concurso: como este ano non fixen aínda escolma, quero que me botedes unha man para facela escollendo 24 cancións de todas as que emitimos nestes dous anos; tedes que enviar un correo (ictioscopio en gmail.com) ou deixar un comentario nesta entrada (deixando url ou algo de contacto) co título de 3 das vosas cancións favoritas das emitidas ao longo destas 44 emisións, e as máis votadas conformarán esa escolma. Os que participedes entrades nun sorteo de 3 premios, que xa vos iremos contando. Prazo: até o 11 de decembro. (25m44s)
Coa voz rouca, achegamos, nesta nova emisión, un feixe de artistas que dun xeito ou doutro xa pasaron por c'mmons baby! Uns traen novos discos e outros un adianto do que van lanzar nos vindeiros meses.
Queriamos ter viaxado hoxe até a Arxentina, mas non chegaron en tempo as reservas. Por tanto, imos improvisar un c'mmons baby! con cancións para namorar, escachar, aspirar, sentir, beber e nincompoopear.