Amosando publicacións coa etiqueta iacw. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta iacw. Amosar todas as publicacións

15 de novembro de 2009

C'mmons Baby! #45 (tesouros agachados)


Despois de dous anos, seguimos procurando na rede eses tesouros musicais agachados que podedes baixar libremente. Lembramos o quinto aniversario de WM Recordings e o seu album número 100... Non esquezades o concursiño que está en marcha, tedes de prazo: até o 11 de decembro. (Duración: 30m57s)


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: In a cabin with; Música Livre; Roberta Campos en Jamendo;
WM Recordings; Rack & Ruin Records; Earl Greyhound en Cashmusic.

1 de novembro de 2009

C'mmons baby! #44 (segundo cabodano)

Hai hoxe dous anos, ao abeiro dos defuntos e das catrinas comezaba C'mmons Baby! Emisión chea de agradecementos, celebracións e boas vibracións... ah si, o concurso: como este ano non fixen aínda escolma, quero que me botedes unha man para facela escollendo 24 cancións de todas as que emitimos nestes dous anos; tedes que enviar un correo (ictioscopio en gmail.com) ou deixar un comentario nesta entrada (deixando url ou algo de contacto) co título de 3 das vosas cancións favoritas das emitidas ao longo destas 44 emisións, e as máis votadas conformarán esa escolma. Os que participedes entrades nun sorteo de 3 premios, que xa vos iremos contando. Prazo: até o 11 de decembro. (25m44s)


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: Peppermill Records; In a cabin with; Berrobambán.

6 de setembro de 2009

5 de xullo de 2009

C'mmons baby! #36 (festa de amigos)

Levamos tres ducias de emisións e imos celebralo cunha pequena festa para os amigos: cancións que falan de amizade e desas persoas que están aí para soportar e axudar cando é preciso. Unha grande aperta para todos neste tempo de verán(?) e aniversarios; dedicado aos que se alegran de toparte pola noite, ou polo día, e abrazan e bican de corazón e con risos.
Aproveitamos tamén para presentarvos o sinxelo adianto do novo disco dos galegos Dios ke te krew.




Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Uncle Owen Aunt Beru en Birdsong (netlabel); Volumina en Peppermill Records; We'll make it right en In a cabin with; Duobit en Neurotyka.

19 de xaneiro de 2009

C'mmons baby! #24 (fillas de eva)

Rematabamos o anterior c'mmons baby! agardando por eva nunha cabana nun sitio fermoso e tranquilo; desta volta imos escoitar outras evas, outras mulleres que nos traen as súas músicas e as súas voces, ás veces sóas, ás veces con compaña.



Baixar o mp3


Enlaces relacionados: In a cabin with...; Corrientes no jamendo.com; entrevista a Lucrecia en Audioneto, Series; Birdsong netlabel; Quimera records.

5 de xaneiro de 2009

C'mmons baby! #23 (in a cabin with...)

Primeira emisión deste 2009 que comeza revolto, belicoso, empobrecido e de futuros incertos. E con estes agoiros o que máis nos vai prestar é fuxir a unha cabana nalgún lugar illado, calmo e fermoso.
In a cabin with... é o fabuloso proxecto do estudio de gravación dos Países Baixos The Green Motel. A idea é meter músicos que non traballaran xuntos antes nunha cabana durante 7 ou 10 días a facer cancións, para despois publicar para descargar libremente na súa web.


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: The Green Motel; Erny Green; Thickshag & Marty; Neonbelle; Arthur Adam; Kittywake (Anne Broekman); Chop Wood; Les Blaireaux; Una Bergin.

12 de outubro de 2008

C'mmons baby! #17 (homes e planetas)


Despois da pausa de verán e as mudanzas de morada... Retomamos o fío da emisión anterior e viaxamos até Brasil para escoitar a Mombojó que Jamila Maia, cantante dos Mahalab, nos descubría daquela. Tamén lles damos folgos a Boy Elliot & The Plastic Bags na súa aventura planetaria no Festival Liet-Lavlut de linguas minorizadas. Achegamos os últimos lanzamentos de A Regueifa e de Error! Lo-fi: Zora Gabbara e Be Brave Benjamin. Máis un disco invisíbel, outro neonescente, e os resultados da votación para a camisola de C'mmons baby!



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Boy Elliott & The Plastic Bags no myspace; A Regueifa Plataforma; Zora Gabbara no myspace; Be Brave Benjamin no myspace; Error! Lo-fi; La Ventana Pop fala de Las Buenas Noches; Neonbelle no myspace, The Very Sexuals, Pien Feith.
cookieassistant.com