Amosando publicacións coa etiqueta ccmusic. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ccmusic. Amosar todas as publicacións

1 de novembro de 2022

C'mmons baby! #91 (15.º aniversario)


 Saúdos e benvindes a emisión especial, 15.º aniversario de C'mmons baby!

Como mudaron os tempos nestes quince anos, eh?
Ben, como sempre dixen acá, Cb! naceu o día dos defuntos e naceu xa morrido, por iso nunca vai morrer de todo, é un podcast non-morto e hoxe resucita, por un día máis, como o cerebro do lobishome, que tamén está aínda vivo. (duración: 1h 07' 05'')


baixar .mp3 / baixar .ogg

  1. Nicholas Burgess. Wolfman's Brain is Still Alive (2022, cc-by-nc-sa)
  2. Savnko. c'mon (2022, cc-by-nc-nd)
  3. Marmotasdebemorir Volver a Empezar (acústico) (2022, cc-by-nc-sa)
  4. Rosario Alfonso. A la primera (2022, cc-by-nc-sa)
  5. Wooden Cabin. somethin (2019, cc-by-nc)
  6. Buddhist Bubblegum. Seems like yesterday (2022, cc-by-sa)
  7. Holgado. Fanfarria do entroido (2021, cc-by-nc)
  8. Grampoder. O estanque (2022, cc-by-nc-sa)
  9. Los Torontos. Torontontero (2022, cc-by-nc)
  10. Strand Child. Misterio (2017, cc-by-nc-sa)
  11. Andrew Bryant. I'd do it again (2017, cc-by-nc-sa)
  12. Uirá dos Reis Serrinha à Noite (2022, cc-by)
  13. Professor Kliq. Chaos (2017, cc-by-nc-sa)
  14. Pararrayos. Corazonada (2022, cc-by-nc-nd)
  15. Me dais poca. Por Fin (2020, cc-by-nc-nd)
  16. Strange Highways. End Of The Road (2022, cc-by-sa)

Bonus track

Abraços e beijinhos e carinhos sem ter fim...

1 de novembro de 2020

C'mmons baby! #090 (grande finale)

Benvidas e benvidos á última emisión de C'mmons baby! Antes de nada clarexar que isto é unha conclusión, non un regreso. Quero tamén desculparme por tardar cinco anos en gravar iso -a vida non deixa vivir ás veces- e desculpas tamén polo son estraño, por momentos, da miña voz, mais non sei que pasaba co micrófono que facía cousas raras. Debe ser que xa non lembraba traballar... Con todo, desta vez, os protagonistas sodes vós, os que estivestes aí do outro lado durante oito fabulosos anos. Grazas!
(duración: 1h 18' 09'')

baixar .mp3 / baixar .ogg

Bonus track

Até sempre! Abraços e beijinhos e carinhos sem ter fim...

2 de novembro de 2015

C'mmons baby! #89 (fillas da loba)


Facemos oito anos de emisións. Este de hoxe non é un programa especial, é un programa inmortal.
Queridos amigos, a natureza é cruel e salvaxe, só sobreviven os animais afoutos, como a loba; hoxe, día de defuntos, imos ouvear á lúa como quen venta o final. Aaauuuuuuhhhhhhh!! (duración: 23'20'').


baixar .mp3 / baixar .ogg


Ligazóns relacionadas: Blocsonic, Aaahh! Records.

26 de xuño de 2015

Faixa fixe da semana (17): "Plastic & Flashing Lights", Professor Kliq

Plastic & Flashing Lights podería considerarse un deses "grandes éxitos" da música electrónica publicada baixo licenzas CC. Apareceu en outubro do 2008 no álbum The Scientific Method, Volume II: Experiments in Sound & Perspective, do Professor Kliq.
Aproveitamos que vén de lanzar novo disco, The Scientific Method, Volume III para darlle unha lembranza.

10 de xuño de 2015

Faixa fixe da semana (16): "Bury you", Vita and The Woolf


Vita and The Woolf é unha banda de Philadelphia liderada por Jen Pague e esa súa voz que mete medo do espectacular que é. Como mostra, esta faixa, Bury you, acompañada só dun teclado, coa que pretendían convencer a xente para axudalos a gravar o seu novo disco, e abofé que convenceu.

+ info: o seu bandacamp, o seu soundcloud, o seu twitter, o seu facebook.

1 de xuño de 2015

C'mmons baby! #88 (arregueifadas)

Cb!88

Regueifar regueifarei, loguiño de comezar, temos hoxe no C'mmons baby! hiphopiño, un verso e tamén rap. Un xénero pouco tocado no programa do que ía sendo tempo xa de botar unha picada.(duración: 23'33'').


baixar .mp3 / baixar .ogg

Ligazóns relacionadas: Blocsonic, Poni Republic, Yamamoto en Cb!, Poética Lunik.

22 de maio de 2015

Faixa fixe da semana (15): "Uh, uh, uh!", The Homens


Aproveitamos que o vindeiro 12 de xuño The Homens se arrexuntan, despois de catro anos para dar un concerto na Sala Capitol de Santiago, para dedicarlles a faixa fixe da semana.
“Vamos facelo con todas as súas consecuencias, arramplando cun repertorio de oldies e de zurra estrema, en formación de a catro, con Tomás Ageitos aos mandos técnicos e outra vez coas zamarras de raias”.

Non é sinxelo escoller unha soa faixa de todo o seu repertorio (a propósito, para axurdarlles a escoller as que vaian soar ese día, aquí teñen un formulario no que podedes marcar as vosas favoritas), mais decidimos torcer por "Uh, uh, uuh!" que fora escolmada naquel mítico compilado Share It Spread It Love It que publicara a plataforma alemana Metawelle no 2007 e que tan bos descubrimentos nos dera.

 +info: The Homens no bandcamp, o seu facebook, o seu twitter; Sala Capitol.

15 de maio de 2015

Faixa fixe da semana (14): "Ben peinados", Terbutalina

Desta volta, a faixa fixe da semana non podería ser doutros que non fosen os Terbutalina, que recén acaban de gañar o premio a "Mellor Álbum en Galego nos Premios MIN" (Premios da Música Independiente) polo seu A muerte. Parabéns!!

Queremos pensar que subirían recoller o galardón "ben peinados", ou non...


+info: o seu bandcamp, o seu soundcloud, o seu twitter, o seu youtube, o seu instagram e o seu facebook.

8 de maio de 2015

Faixa fixe da semana (13): "Sunrise number 1", Stormy Mondays

Stormy Mondays
Stormy Mondays ao vivo

Os asturianos Stormy Mondays levan un feixe de anos loitando por vivir da súa música e fóra das sociedades de xestión de dereitos.
Cren na autoxestión e nos concertos como xeito de vida, son pioneiros da distribución musical por internet e as licencias Creative Commons na España; cantan en inglés, castelán e asturiano, e como froito da súa constancia e traballo chegaron partillar escenario con Slash e mesmo con Springsteen.

Hai uns anos soñaron con que unha das súas canción soase no espazo, e abofé que o conseguiron.

+info: na súa web,  no seu soundcloud, en songkick e no seu twitter.
 

30 de abril de 2015

Faixa fixe da semana (12): "Little Foxes", Red Cosmos

Hai días nos que abres a caixa de correo electrónico e descobres que o Plan de Dominación Mundial non che foi tan mal...
Esta semana chegou a carta dun iorquano do Reino Unido, Kim Tortoise aka Red Cosmos, que me pedía que lle botara unha escoita ao seu novo disco, Dreaming In Unison (2015), e se me prestaba que por favor o promovese un pouco no C'mmos baby!.
Entre as cousas que el di, no seu bandcamp, que a xente comenta da súa música, hai unha frase coa que me identifico: "It’s weird music that I mostly hate"; e eu engado: "but I like it!".

+info: Red Cosmos en Soundcloud, no archive.org, no last.fm e no Youtube.


26 de abril de 2015

Faixa fixe da semana (11): "Great Pyramid", Celebration

Celebration é unha banda de Baltimore, liderada pola vocalista Katrina Ford e o músico Sean Antanaitis. Publicaron os seus dous primeiros discos, Celebration (2005) e The Last Tribe (2007), para 4AD e chegaron acadar certa sona entre o público e os medios máis espelidos. Mais racharon coa discográfica e un par de anos despois deciden facer un experimento, o album Hello Paradise (2010), "inspirado" no tarot e cunha premisa:
"Our plan and experiment is to post new songs monthly, as we create and record them. Under the creative commons attribution non-commercial share alike license..."
O compilado está cheo de grandes faixas e conforman, na miña opinión, un dos máis grandes discos publicado baixo licenzas Creative Commons.

+info: Celebration website, blog Electric Tarot, no Instagram, no twitter, en bandcamp, en soundcloud e no flickr.

17 de abril de 2015

Faixa fixe da semana (10): "Generikum", Rupert Falsch

Moitas veces a actualidade dá noxo, por iso é bo, de cando en vez, ir cara atrás no tempo e volver escoitar esa música que che prestou e ficou engasgada no teu corazonciño xa para sempre.
É o caso deste Generikum, de Rupert Falsch.

+ info: Rupert Falsch en Soundcloud, Rupert Falsch en Corpid Netlabel.

8 de abril de 2015

Faixa fixe da semana (9): "Río", Flor Braier

Recuperamos este fermoso costume, o de agasallar a semana cunha canción, con Flor Braier, moza barcelobairesa (seica cunha perna en Barcelona e outra en Buenos Aires) da que pouco sabemos agás que é desa nova fornada de mulleres cantautoras, mozas, de voz doce e arranxos mínimos que tanto prestan.
No seu bandcamp ten para escoitar un EP e un miniLP.

6 de abril de 2015

C'mmons baby! #87 (afrancesadas)


Como ovos batidos até homoxeneizar clara e xema, e pasados despois pola tixola, así andamos... afrancesando a música (duración: 17'23'').


baixar .mp3 / baixar .ogg

Ligazóns relacionadas: We Are Unique Records, Half Asleep en Cb!, adiffusser.

30 de decembro de 2014

15 fixes do 2014


Hoxe xa debería ter saído o Cb!87 mais estas datas festivas non me deixaron oco na axenda para gravalo. Mentres sae, agardo que antes do día de Reis, vouvos deixar con unha escolma de 15 faixas e/ou artistas fixes que publicaron baixo licenzas Creative Commons no 2014 e que, na nosa opinión, merecen un destaque este ano.
Feliz ano 2015 a todos!

8 de decembro de 2014

C'mmons baby! #86 (meter a zoca)


Na anterior emisión metín a zoca, dixen Dédalo onde debería ter dito Ícaro, e non vai ser a última vez que o faga. Hoxe mesmo esquecín dicir "...cuando el público hace caso" antes de poñervos un importante aviso da xente de proxecto dHábitat. (duración: 19'37'').


baixar mp3 / baixar ogg
 

Ligazóns relacionadas: Entrevista a Nouvelle Cuisine, dHábitat, LMEY Arquitectura, The Old Dada Weatherman en jamendo.com, Dada The Weatherman en jamendo.com,  La noche del hombre lobo.

1 de decembro de 2014

Faixa fixe da semana (7): "When I'm gone", Robin Mitchell

Robin  Mitchell é un cantante e poeta de Bristol que gosta de mesturar xéneros, tomar emprestado e mesmo "roubar".
When I'm gone é a faixa que abre un EP novo do trinque, Dust (2014), que compuxo durante a súa xira pola China este verán.

+ info: robinmitchell.co.uk, en twitter, en soundcloud.

24 de novembro de 2014

Faixa fixe da semana (6): "Se caio", Projecto Mourente

Projecto Mourente entrou nas nosas orellas aló polo 2006 e a súa popularidade medrou axiña, coma os eucaliptos baixo os que naceu, no desaparecido netlabel A Regueifa.
A súa discografía está chea de pop electrónico doméstico, con letras ben traballadas, e inzado de pequenos hits que chegaron para ficar, xa, na nosa memoria emotivo-musical. Quen sabe se un día acaba representando a Galiza ou a Portugal no festival de Eurovisión...

Se caio é unha das faixas recollidas no, até hoxe, seu último disco: A pior (2012).

+ info: @pmourente, no tumblr.

17 de novembro de 2014

C'mmons baby! #85 (sete anos, sete faixas)

Cb!#85 (sete anos, sete faixas): Juani + The Dots + Kana Kapila + El Diluvi + Carroll + Maya Solovéy + Dadalú
Celebramos o sétimo cabodano con demora e o anuncio de nova época e formato. Comentamos tamén o resultado da enquisa que lanzamos días atrás e obramos o que consideramos mellor (para ter máis ou menos contentos a todos). Estreamos nova sección: As faixas do faiado, recuperando aos The Dots. (duración: 39'20'').


baixar mp3 / baixar ogg
Ligazóns relacionadas: Radio Bertoldo.

Faixa fixe da semana (5): "Big plans", Kellee Maize

Kellee Maize leva xa un feixe de anos facendo medrar a súa carreira de "female rapper"; cun espírito metade místico oriental metade feminista, sempre autoconvencida de que vai acadar o éxito mundial compartindo libremente a súa música... e abofé que o seu impacto está a medrar cada vez máis.
Non deixedes de visitar a súa canle en YouTube, os seus videoclips non vos han deixar indiferentes.
Hai uns días lanzou un disco de remesturas dos seus hits.
Para min, de sempre, esta faixa que hoxe deito por acá foi un temazo digno de liderar calquera listaxe de emisora comercial.
+ info: KM no soundcloud, KM no Jamendo, KM no YouTube.

cookieassistant.com