Amosando publicacións coa etiqueta capitán furilo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta capitán furilo. Amosar todas as publicacións

10 de xaneiro de 2010

C'mmons Baby! #48 (ano de neves)

Comeza o ano con frío e nevaradas; di un refrán castellano que Año de nieves, año de bienes, que sexa certo.
Na primeira metade lembramos estes pasados días de Nadal ou Solsticio de inverno ou whatever, dámoslle ao funky-soul e invocamos ao sol. Na segunda metade facemos unha curta viaxe polas novidades galegas das últimas semanas. Falamos pouco e andamos lixeiros que había que quencer o corpo... (28m48s).


Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Rack& Ruin Recordst; Bandcamp; Rock Proper; Pressing Catch BerroBamBam.

15 de febreiro de 2009

C'mmons baby! #26 (a coruña son 2009)


Emisión dedicada en exclusiva á 2º edición do certame de creación de canción popular A Coruña Son, organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña, en colaboración coa Deputación da Coruña e co apoio da Radio Galega.
Para falarnos sobre o tema entrevistamos a Tati Mancebo, de Algueirada, promotora do certame.


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: Algueirada; A Coruña Son; Santiago Auserón, Curtas na rede.

24 de febreiro de 2008

C'mmons baby! #07a (A Regueifa Plataforma)


Estreamos nova xeira en C'mmons baby! (emitindo xa en galego) coa primeira parte da entrevista que lle fixemos hai uns días a Noel Feáns, rexedor de A Regueifa Plataforma, netlabel sobranceiro da escea musical galega, e algo máis. A conversa, gravada no pub Bolengo Pop, de case unha hora dividímola en dúas partes para facelo máis ameno; a segunda parte chegará na vindeira fin de semana. Estas dúas emisións van ser algo máis extensas dos 20-25 minutos que adoita durar C'mmons baby! e a calidade da gravación non é moi alá, mas consideramos que con todo paga a pena a entrevista. A música póñena dous dos últimos lanzamentos da Regueifa e un dos seus grandes descubrimentos.



Baixar o mp3

  • Capitán Furilo. Beat
  • Quant. Dollars in her eyes
  • Projecto Mourente. Que me enterrem na discoteca

Enlaces relacionados: A Regueifa Plataforma; Capitán Furilo; Quant, no myspace; Projecto Mourente, no myspace; ouvirmos; Café-Pub Bolengo Pop.
cookieassistant.com