Amosando publicacións coa etiqueta suecia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta suecia. Amosar todas as publicacións

14 de maio de 2011

Radioceánica (14)

O pasado domingo día 8 volvemos pasar por Radio Oceánica para falar de máis música. abaixo tedes a listaxe de temas e as ligazóns relacionadas.
Podedes baixar un .ZIP coas cancións que soaran aquí (35,56 MB) ou escoitar a emisión completa aquí (agora RGM ten podcasts, eís o rss de Radioceánica.

7 de setembro de 2010

C'mmons baby! #59 (entrantes e tapas)

Non sei a vós, mais a min o sol e a praia dánme fame e esta ausencia máis longa do normal tamén; por tanto vouvos levar a un chiringuito a tomar uns novos e gorentosos entrantes e algunhas tapiñas coñecidas mais saborosas.
Setembro novamente, tempo de rentrées, comezar ligas deportivas e novas coleccións de fascículos inútiles. A miña proposta é que enchades os vosos andeis (reais ou binarios) de novos sabores e receitas musicais. (duración 41'41'')


Baixar o mp3


Ligazóns relacionadas: Vosotros; Ideology; blocsonic; Go! Jukebox; Poni Republic; trastienda.org; Lepork Records; Musicando Carvalho Calero.

23 de febreiro de 2010

C'mmons Baby! #51 (gomos e guichos)


A emisión de hoxe ten dúas partes: unha máis calma e outra máis enerxética. Mostramos o proxecto solo de David Miranda, cantante e guitarrista de Nouvelle Cuisine, a primeira (que saibamos) aparición de Mia Doi Todd nun disco publicado baixo licenzas CC, repasamos algún disco de hai tempo e damos a benvida ao novo EP do trío californiano The Franks. (32m12s).


Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Discos Perdidos; Bandcamp; Vosotros; Cyané en Delhotel Records; A Regueifa; 23 seconds; en Sonic Space Foundation falan do disco dos Guezos.

8 de febreiro de 2010

C'mmons Baby! #50 (bit! bit!)

Chegamos á emisión 50 de C'mmons Baby! toca revisar o rumbo; entramentres facemos esta emisión chea de bits. Tiñamos algo esquecida a música electrónica, tan abondosa nas veigas dos netlabels. Tamén recibimos dous novos selos, o francés Trazart e o galego O Toxo Rabudo.
Se tedes ideas para renovar o programa deixade un comentario ou mandade un correo a ictioscopio@gmail.com. (32m53s).


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: Budabeats; D'r Sjaak en WM Recordings; Phlow; 23 seconds; Tazart; O Toxo Rabudo.

4 de outubro de 2009

C'mmons baby! #42 (outono azul)

Chegamos a emisión 42, a da resposta universal, mas temos que marchar de viaxe e improvisamos un C'mmons baby! breve para este comezo de outono. Poñemos a orella en Uruguai, Suecia, Brasil e os EUA para buscar esa cor azul das montañas e dos denim. (25m36s)


Baixar o mp3


Enlaces relacionados:Lepork Records, Aaahh Records, Rack & Ruin Records.

24 de agosto de 2009

C'mmons Baby!#39 (o domingo é un día normal)


Regresamos despois da pausa de agosto (cun día de demora). Demasiadas novas músicas nestas semanas para traérvolas todas, aquí vai unha pequena escolma dalgunhas das novidades que nos chegaron nos últimos tempos. O derradeiro lanzamento da Merzbau, un outro máis destacado da Flor Caveira, nova canción de Celebration, novo proxecto de Juan Mateos Silva (sofarojo), novo compilado do netlabel 23seconds e unha suxestión dun ouvinte. Quen dá mais por menos?



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Mariana Ricardo na Merzbau; Flor Caveira; 23 seconds; Jamendo.
cookieassistant.com