Encetamos a semana das Letras, das nosas letras, facendo un pequeno repaso polas novidades na música libre galega destas últimas semanas. Fixemos especial detenemento na Regueifa Plataforma e Fanny + Alexander que, hai pouco, fixo os tres anos desque presentaran aquel Lusco e fusco, e apostaron por pór música aos novos valores da nosa literatura.
Con atraso, por causa de problemas de saúde (nada grave), chegamos cun c'mmons baby! especial dedicado ao recentemente falecido home-orquestra John Balan e ás novidades do panorama musical libre galego. É tamén máis longo do común, aínda que andamos cismando en facelo desta nova duración próxima aos 30 minutos para ter máis tempo para a música. Desculpai a voz algo tomada e tristeira, cousa do catarro.
Damos aviso do chamado que fan Fuzquenlla e Esquíos aos grupos galegos autoeditados para asociarse e facer forza común á marxe dos circuítos comerciais e a SGAE.
Falamos do novo disco d'Os Chiquilicuatres distribuido nun pendrive, e do resultado do certame A Coruña Son '08.
Queremos aproveitar para lembrar que temos abertas as portas aos artistas que publiquen baixo licenzas libres para axudalos, no que poidamos, a espallar a súa música; quen queira contactar con nós pode facelo en ictioscopio[arroba]gmail[ponto]com ou deixando un comentario no blog.
Pequeno abrazo tamén, e agarimo, para a amiga Lourixe, que perdeu días atrás ao seu pai ...abraços e beijinhos e carinhos sem ter fim.