23 de novembro de 2008

C'mmons baby! #20 (portugal, aí ao lado)


Programa número vinte. Cumprido un ano, viaxamos, xa era tempo, pola escea portuguesa das músicas libres. Veunos á cabeza o facelo despois de chegar a nós o paquete en promoción (4 discos por 20 €) do netlabel Merzbau, e de descubrir un novo podcast portugués que coma nós fala destas músicas copyleft: Marca Branca, que descubrín grazas ao excelente blog Beats Play Free.
Non todo vai ser arroz e bacalhau, non?




Baixar o mp3


Enlaces relacionados: Portugal underground; Bump Foot; Merzbau; Lástima; Marca Branca; Beats Play Free.

9 de novembro de 2008

C'mmons baby! #19 (era unha vez..)


Hoxe traemos un c'mmons baby! de conto para celebrar o noso primeiro aniversario, quei voa o tempo!
Temos príncipes-vaqueiros azuis, lobos mouros, e unha princesiña de ollos verdes; músicas libres de todas as cores. E de remate unha banda italiana que nos contactou no correo-e para sair neste recuncho e fixémoslle un oco nesta emisión.



Baixar o mp3


Enlaces relacionados: The Singletons no myspace; Dallas Kincaid en jamendo; Franc3s no myspace; A Regueifa Plataforma; aaahh records; Confusion is next no myspace; trastienda.org.
cookieassistant.com