Amosando publicacións coa etiqueta b fachada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta b fachada. Amosar todas as publicacións

12 de decembro de 2012

C'mmons baby! #77

Despois de máis de mes e medio de atraso chega o especial 5º cabodano. É pouco especial, a non ser porque é o duplo de longo na duración. Pedimos perdón pola demora e repasamos músicas dalgúns vellos "amigos" e traemos outras dalgúns novos. Tamén anunciamos que de aquí en diante C'mmons baby! vai ser reemitido desde Madrid via Nosuti Radio.
(duración: 34'19")



Baixar o mp3 / baixar o ogg


Ligazóns relacionadas: entrevista a Monk Turner en Cb!; entrevista a Monk Turner en Intangible 23; 189Mhz; We Are Unique Records.

7 de maio de 2011

26 de xullo de 2010

C'mmons baby! #58 (sei o que fixestes)

A pesares da ausencia destas catro longas semanas puiden seguir, grazas aos rss e a internet, moitas das cousas que fixeron os músicos que comparten a súa música con nós. Houbo algunha "mala" nova na rede galega, mas como dixo o filósofo: "os ocos están para enchelos..." de música que agardo sexa do voso gusto. (duración 39'06'')




Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: 23seconds; Circle into square; Poni Republic; Mbari Música.

18 de xaneiro de 2010

Radio Oceánica (11)

Onte domingo pasei máis unha vez por Radio Oceánica; déixovos aquí a listaxe das cancións das que falamos.
Podedes baixar os temas aquí (44.41 MB) ou escoitar a emisión completa aquí, calcando en Horario e gravacións, ou directamente aquí e buscando a emisión do 17 de xaneiro de 2010.

Nota: No programa falei do Cologne Commons de Colonia, mas en realidade tratábase do de Berlín e Netaudio Festival desta nova.

22 de xullo de 2009

Tradição oral contemporânea

Na entrevista com o b fachada falamos deste documentário de Tiago Pereira; esquencera pór uma ligação, agora ponho o trailer.
No Bodyspace falaram dele há já uns meses, e mais entrevistaram também ao b fachada.

TRAILER bfachada Tradição oral contemporânea from Tiago Pereira on Vimeo.

21 de xullo de 2009

C'mmons baby! #37 (entrevista a b fachada)

Cun pouco de demora (desculpas) traemos a entrevista a b fachada, que realizamos no pasado mes de xuño no Porto, no Contagiarte. Participa na entrevista, preguntando, o amigo Isaac González condutor de Radioceánica, na Radio Galega Música. Tamén soa unha promo do podcast canario Doramas, que fala coma nós de músicas libres, e que presenta Miguel Acín.
A foto tomeina de Vera Marmelo. Obrigado a todos.



Baixar o mp3

  • b fachada. Monogamia (versão monofónica)
  • b fachada. Soraia
  • b fachada. Zappa português
  • b fachada. O ciúme e a vergonha
  • b fachada. Zé!
Enlaces relacionados: entrevista a Noiserv; Merzbau; Flor Caveira; podcast Doramas.

15 de xullo de 2009

Este domingo entrevista a b fachada

Este domingo, ou luns se non me dá a virada, a nova emisión de C'mmons baby! trae a entrevista que lle fixemos a b (fachada) en Porto no mes de xuño, despois do concerto no Contagiarte.
Para ir quecendo motores déixovos o vídeo de Zé!, canción coa que abre o seu novo disco Um fim-de-semana no Pónei Dourado, editado pola Flor Caveira.

Zé! - b Fachada from Vasco Monteiro on Vimeo.

2 de febreiro de 2009

C'mmons baby!#25 (a candeloria)

Vixésimo quinta emisión, véspera da Candeloria, día de casar os paxuriños e antesala da primavera. Festa da luz, os días xa van medrados e as tardes fanse máis longas, e aínda que iso acontece desde decembro, é nesta época cando, marchando a chuvia invernal, máis se nota a claridade (duración 36'56").


Baixar o mp3



Enlaces relacionados: A candeloria; Quimera records; Merzbau; The Dada Weatherman; Lost-Minded; Jamendo; Love hurts no Urbanaque; The Wedding Soundtrack en Another Record; 1984 en trastienda.org; promocioname.net.

7 de decembro de 2008

C'mmons baby! #21 (recuncadores)


Coa voz rouca, achegamos, nesta nova emisión, un feixe de artistas que dun xeito ou doutro xa pasaron por c'mmons baby! Uns traen novos discos e outros un adianto do que van lanzar nos vindeiros meses.



Baixar o mp3

  • Brad Sucks. Dropping out of school
  • Brad Sucks. Out of it
  • b fachada. Tradição
  • b fachada. Faz me bem a mim e mal ao...
  • Fresh Body Shop. My artificial sun
  • Fresh Body Shop. The Ugly Army
  • The Dots. It's been a time
  • The Dots. It doesn't matter
Enlaces relacionados: Merzbau; Jamendo.

29 de xuño de 2008

C'mmons baby! #15 (santos, mortes e resurreccións)

Despois da estensa entrevista a Projecto Mourente e a pausa radioceánica, regresamos con noticias e máis músicas interesantes.
Despedimos ao netlabel Holy Rook, que deixa a súa actividade; dámos a benvida ao regreso activo de Error! lo-fi e a súa nova web con lonxa en liña; descubrimos unha enérxica banda de reggae-ska do norte de Italia grazas ao novo compilado de BlocSonic; o fío lévanos até Cascais desfrutar de b (fachada) e o seu pop erudito; e recuperamos unha faixa muito fixe dunha banda de Philadelphia xa desaparecida, os Rifle Nice.
Non esquezades que ainda está en marcha o concurso de Kara.o.ke.



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Holy Rook, Carmen Burguess, Tomás Nochteff; Green.Means.Love no myspace, Error! lo-fi; Men in route no jamendo.com, BlocSonic; Merzbau; Rifle Nice no myspace, Jody Hamilton.

NOTA: Ando apirolado, e onde dixen NetBloc, quería dicir BlocSonic; (netbloc é o nome dos compilados que fan os de BlocSonic, eís a causa do erro).

22 de xuño de 2008

Radio Oceánica (2) e premios

Hoxe a noite, ás 22:00 h. (GMT +01:00) segunda visita ao fabuloso Radio Oceánica. Lembro que podedes escoitalo pola radio, ou ben pola rede (se funciona) ou despois cando queirades aquí, calcando en Horario e gravacións. Eís a música que levo ao programa.
Aproveito tamén para dicirvos que, aínda que non son moi amigo de concursos en xeral, propuxen o meu c'mmons baby! para os I European Podcast-Award e foi aceptado. Se considerades que este falangullo está niquelado e merece un premio europeu, podedes votarme aquí. Pode votar todo o mundo, e hai premios para os que votan e non só para os gañadores finais. Os votos do público non son determinates, hai xuri, mas téñense en conta.
Como seica para España valen os feitos en calquera das linguas oficiais, animo tamén a outros podcasteiros galegos a participar, os únicos requisitos: ter un feed-rss activo e que non contraveña ou viole dereitos de autor de terceiros. Non sería bonito que gañase un falangullo galego?
cookieassistant.com