29 de novembro de 2009

C'mmons Baby! #46 (o poni bravo xoga futebol no ollo do tigre)


Nesta tarde de futebol traemos unha saca chea de cousas: animais salvaxes, lóstregos, recomendacións e notas de prensa, guitarras... Na segunda parte temos sabor a produtos galegos, produtos con denominación de orixe e calidade. Ah, e non esquezades o concursiño que está en marcha, tedes de prazo: até o 11 de decembro. (34m42s)


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: Mamushka Dogs; Jamendo.com; Delhotel Records; A Regueifa; Pressing Catch (Berrobambán).

C'mmons baby! no Viralatas

Cmmons baby no Viralatas 3
Con algo de retardo deime de conta que no Viralatas nº3 (.pdf 5,55MB) falaron da existencia de C'mmons Baby!:
Podcast de músicas libres
O blogueiro cangués Ictioscopio realiza este podcast quincenal de media hora no que pincha, informa e entrevista sobre músicas de todo o mundo publicadas con licenzas copyleft, con especial atención ás galegas e lusófonas. Para escoitar coas orellas ben abertas.
Obrigado ao responsábel e á xente de Viralatas :)

26 de novembro de 2009

European Podcast Award 2009-2010 (#EPA10)

Ben, parece que xa se puxo oficialmente en marcha o European Podcast Award 2009-2010; e como este ano decidín traballar arreo no meu PDM, eís que me presento outra vez para seguir internacionalizando isto.
O voto popular non determina o gañador mas si é valorado polo xurado, así que se gostades de C'mmons Baby podedes votar nesta ligazón. Obrigado, graciñas, thank you, merci...
Poño un botón con ligazón directa ao sitio de votación na esquerda igual que fixera co do premio de Bitacoras.com.

15 de novembro de 2009

C'mmons Baby! #45 (tesouros agachados)


Despois de dous anos, seguimos procurando na rede eses tesouros musicais agachados que podedes baixar libremente. Lembramos o quinto aniversario de WM Recordings e o seu album número 100... Non esquezades o concursiño que está en marcha, tedes de prazo: até o 11 de decembro. (Duración: 30m57s)


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: In a cabin with; Música Livre; Roberta Campos en Jamendo;
WM Recordings; Rack & Ruin Records; Earl Greyhound en Cashmusic.

5 de novembro de 2009

Radio Oceánica (10)

Case que esquenzo deixarvos aquí as cancións que levei o domingo día 1 de novembro a Radio Oceánica coas ligazóns ás webs dos músicos e aos discos. Eís!
E quedaron fóra por falta de tempo...
Podedes baixar os temas aquí (39.86 MB) ou escoitar a emisión completa aquí, calcando en Horario e gravacións, ou directamente aquí e buscando a emisión do 1 de novembro de 2009.

1 de novembro de 2009

C'mmons baby! #44 (segundo cabodano)

Hai hoxe dous anos, ao abeiro dos defuntos e das catrinas comezaba C'mmons Baby! Emisión chea de agradecementos, celebracións e boas vibracións... ah si, o concurso: como este ano non fixen aínda escolma, quero que me botedes unha man para facela escollendo 24 cancións de todas as que emitimos nestes dous anos; tedes que enviar un correo (ictioscopio en gmail.com) ou deixar un comentario nesta entrada (deixando url ou algo de contacto) co título de 3 das vosas cancións favoritas das emitidas ao longo destas 44 emisións, e as máis votadas conformarán esa escolma. Os que participedes entrades nun sorteo de 3 premios, que xa vos iremos contando. Prazo: até o 11 de decembro. (25m44s)


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: Peppermill Records; In a cabin with; Berrobambán.
cookieassistant.com