1 de novembro de 2009

C'mmons baby! #44 (segundo cabodano)

Hai hoxe dous anos, ao abeiro dos defuntos e das catrinas comezaba C'mmons Baby! Emisión chea de agradecementos, celebracións e boas vibracións... ah si, o concurso: como este ano non fixen aínda escolma, quero que me botedes unha man para facela escollendo 24 cancións de todas as que emitimos nestes dous anos; tedes que enviar un correo (ictioscopio en gmail.com) ou deixar un comentario nesta entrada (deixando url ou algo de contacto) co título de 3 das vosas cancións favoritas das emitidas ao longo destas 44 emisións, e as máis votadas conformarán esa escolma. Os que participedes entrades nun sorteo de 3 premios, que xa vos iremos contando. Prazo: até o 11 de decembro. (25m44s)


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: Peppermill Records; In a cabin with; Berrobambán.

9 comentarios:

  1. Como é? Como é? Como é?
    Parabéns neste segundo cabodano e grazas a ti por achegarnos ao mundo da música libre, ao bo facer de tantos músicos e grupos, que non deixan de sorprenderme.
    Deste #44 quedo con Wild Honey, xenial.
    Unha aperta e a seguir así!

    ResponderEliminar
  2. Eu téñoo facil, e ademáis tómome a liberdade de so escoller os proxectos musicais e non as cancións:

    - B Fachada
    - Noiserv
    - Dean Woods - Connecticut Ryvr

    Habería moitísimos máis que seleccionar e iso é moi bon sinal. Simplemente parabéns e avante o PDM!

    ResponderEliminar
  3. Antía Salgado11/03/2009 4:28 p.m.

    Espero que estes dous anos tan solo sexan os primeiros dunha longa vida musical online!

    Foi un aniversario moi, moi doce, eh? ;)

    Alégrome de que o disfrutaras!!

    A por mais!!!

    ResponderEliminar
  4. parabens polo cabodano. saúdos

    ResponderEliminar
  5. á espera da edición nº 46, estas son as miñas propostas para participar no concurso:

    Juani y Hermnaxs, Date un don.
    Happy Elf, Come back.
    Eric Maskol, The big hand.

    saúdos!

    ResponderEliminar
  6. As miñas son:

    Earl Greyhound

    Noiserv

    Nouvelle Cuisine

    ResponderEliminar
  7. pablo de la rubia12/10/2009 7:43 p.m.

    díxome un paxariño que as miñas ían estar repetidas, pero anótaas igual:

    Wild Honey. Brand new hairdo
    The Family Simpson. Tin hearts
    Velhos e Usados. Jeans

    valen tamén de radio oceánica? é que metería tamén:
    Javiera Mena. Sol de invierno
    Wild Honey. Hal Blaine's beat
    ^^estou aí aí entre esta e Bran new hairdo

    e gardo as de b fachada, o disco, para o próximo ano!

    pd: ah, que eran só tres? hahaha!

    ResponderEliminar
  8. Ao final voume quedar con grupos e cancións dos c'mmons recentes. Aí van os meus votos:
    Brand New Hairdo - Wild Honey
    Psyche or like scope - Family of the Year
    Fragile Meadow - Black Atlantics

    ResponderEliminar
  9. A miña votación "in extremis":

    Por suposto Pornophonique co Space invaders

    Tamén a Orquesta Popular de Paio Pirés con Kyoto Melody

    (ambas, por alusións :P )

    e finalmente non podería ser nada máis pegadizo que The Dots e o C'mmon babe

    Apertas! E por un prometedor Commons kid!

    P.D. Aproveito para recomendar para un posible futuro "fora de tono" a Rob Costlow con Woods of chaos e a fascinante Maya Filipic.

    ResponderEliminar

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

cookieassistant.com