Amosando publicacións coa etiqueta happy elf. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta happy elf. Amosar todas as publicacións

1 de novembro de 2020

C'mmons baby! #090 (grande finale)

Benvidas e benvidos á última emisión de C'mmons baby! Antes de nada clarexar que isto é unha conclusión, non un regreso. Quero tamén desculparme por tardar cinco anos en gravar iso -a vida non deixa vivir ás veces- e desculpas tamén polo son estraño, por momentos, da miña voz, mais non sei que pasaba co micrófono que facía cousas raras. Debe ser que xa non lembraba traballar... Con todo, desta vez, os protagonistas sodes vós, os que estivestes aí do outro lado durante oito fabulosos anos. Grazas!
(duración: 1h 18' 09'')

baixar .mp3 / baixar .ogg

Bonus track

Até sempre! Abraços e beijinhos e carinhos sem ter fim...

15 de novembro de 2009

C'mmons Baby! #45 (tesouros agachados)


Despois de dous anos, seguimos procurando na rede eses tesouros musicais agachados que podedes baixar libremente. Lembramos o quinto aniversario de WM Recordings e o seu album número 100... Non esquezades o concursiño que está en marcha, tedes de prazo: até o 11 de decembro. (Duración: 30m57s)


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: In a cabin with; Música Livre; Roberta Campos en Jamendo;
WM Recordings; Rack & Ruin Records; Earl Greyhound en Cashmusic.

2 de agosto de 2009

Cmmons Baby! #38 (onde andará o sol)

Neste mes de agosto, dun verán de chuvias e nubes, chamamos polo sol para ver se quencemos dunha vez. Procurámolo en Maryland (EUA), na Cataluña dúas veces e outras tantas na Arxentina, en Portugal e nos Paises Baixos.
Imos marchar uns días de vacacións, que isto tamén dá traballo e ben merezo un descanso... regresamos non en quince días senón en vinteun, aló no 23 de agosto. Tomade o sol, mas con precaución e protección (duración: 29'30").


Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Rack & Ruin Records; Tercera Vía; Planeta X; De paso, disco debú dos D'Callaos; Oceansea en Jamendo.com; Mandarinas Records; WM Recordings.

13 de xullo de 2009

Radio Oceánica (8)

Aquí vos deixo as cancións que levei hoxe a Radio Oceánica coas ligazóns ás webs para que pesquisedes máis se é que gostastes.
Podedes baixar os temas aquí (41.49 MB) e escoitar a emisión completa (cando o suban e queirades) aquí, calcando en Horario e gravacións.
cookieassistant.com