Amosando publicacións coa etiqueta nos medios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nos medios. Amosar todas as publicacións

23 de maio de 2010

C'mmons baby! no Novas da Galiza nº89

Xa está para baixar o .pdf (1.46 MB) do número 89 (abril 2010) do xornal Novas da Galiza, onde podedes ler a entrevista que me fixo Antía Rodríguez, falando de C'mmons baby!, os meus inicios no podcasting, o tema das licenzas Creative Commons e todas esas cousas. Podedes baixalo entrando na hemeroteca do xornal.

3 de marzo de 2010

Hoxe estamos en Intangible 23 (Canarias Ahora Radio)

Hai uns día contactou comigo Ayoze García, director e presentador de Intangible 23, un novo espazo sonoro sobre músicas libres. Ben, novo novo non é porque seica levaba xa máis dun ano emitindo por Radio Guiniguada, mas agora deu o chimpo a Canarias Ahora Radio con catro horas semanais (de luns a xoves). Pois ben, envioume un correo para ver de entrevistarme no seu programa e falar un chisco de C'mmons baby! e das músicas de libre distribución; eis que hoxe a partir das 13.00 h. hora das Canarias e Portugal (14.00 h. hora oficial española) estarei nas ondas radiofónicas. Se queredes, podedes escoitalo en directo dende a web da emisora.
Onte falou con David Domingo, de netaudio.es e Phlow.es, dous dos sitios de referencia na escea do netaudio en España. Tedes o corte da entrevista nesta ligazón.
Axiña vai ter traballando os rss do programa para que se poida escoitar encasulado (podcast), entramentes podedes facervos seareiros e estar ao tanto das novidades na súa páxina en Facebook ou na súa conta en Twitter.

Xa podedes escoitar a entrevista aquí.

Graciña Ayoze!

29 de novembro de 2009

C'mmons baby! no Viralatas

Cmmons baby no Viralatas 3
Con algo de retardo deime de conta que no Viralatas nº3 (.pdf 5,55MB) falaron da existencia de C'mmons Baby!:
Podcast de músicas libres
O blogueiro cangués Ictioscopio realiza este podcast quincenal de media hora no que pincha, informa e entrevista sobre músicas de todo o mundo publicadas con licenzas copyleft, con especial atención ás galegas e lusófonas. Para escoitar coas orellas ben abertas.
Obrigado ao responsábel e á xente de Viralatas :)

9 de outubro de 2008

Opaíí!! C'mmons baby! en Rádio FilispiM

logo radio filispim
Pois si, agora que xa é oficial, podo dicilo: Esta tempada imos emitir tamén polas ondas grazas a boa xente do Colectivo Opaíí, responsaveis de Rádio FilispiM, a rádio livre e comunitária da terra de Trasancos.

Horarios de emisión en Rádio FilispiM:
Martes: 17:00hs. - 17:30hs.
Venres: 11:00hs. - 11:30hs.

E este domingo... regresamos, andai axexantes!

2 de maio de 2008

C´mmonsbabyando en Radio Oceánica

Foi todo súpeto, nin o sospeitaba, mas é un feito.
A partir deste domingo 4 de maio, e unha vez cada seis semanas, vou colaborar no programa Radio Oceánica da Radio Galega Música, onde falarei principalmente de músicas publicadas baixo licenzas abertas. Podedes escoitalo ás 22:00 h. (GMT +01:00), ben pola radio, ou ben pola rede, ou despois cando queirades aquí, calcando en Horario e gravacións.

Quero aproveitar esta notiña para darlle as grazas a Sak por pensar en min para isto, e tamén a todos os que escoitades C'mmons baby! por estar aí e animarme a seguir. Graciñas, de corazón.
cookieassistant.com