23 de maio de 2010

C'mmons baby! #56 (xa é tempo de piscina)


Agora que parece que chegou a calor precisamos mollar os pes, o corpo, a cabeza e a mente.
Imos ver se somos quen de compoñer unha banda sonora para distintos instantes de estancia nas piscinas ou nas praias. A calor abafa e chega esa cobiza por mollarse e nadar. (duración: 31'57'')



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Sargent Records; Aaahh Records; Jamendo.com.

C'mmons baby! no Novas da Galiza nº89

Xa está para baixar o .pdf (1.46 MB) do número 89 (abril 2010) do xornal Novas da Galiza, onde podedes ler a entrevista que me fixo Antía Rodríguez, falando de C'mmons baby!, os meus inicios no podcasting, o tema das licenzas Creative Commons e todas esas cousas. Podedes baixalo entrando na hemeroteca do xornal.

19 de maio de 2010

Radio Oceánica (12)

Con demora, deixo as cancións das que falei en Radio Oceánica o domingo pasado.
E ficaran fóra por falta de tempo:
Podedes baixar os temas aquí (54.18 MB) ou escoitar a emisión completa aquí, calcando en Horario e gravaciónse e buscando a emisión do 16 de maio de 2010, ou directamente aquí.

15 de maio de 2010

Outro domingo máis en Radio Oceánica

Mañá, domingo 16 de maio, andarei máis unha vez por Radio Oceánica; o luns deixarei acá a listaxe das cancións que leve ao programa. Lembrade, por tanto, pór a orella na Radio Galega Música a iso das 22.00 h.
cookieassistant.com