Amosando publicacións coa etiqueta mombojó. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mombojó. Amosar todas as publicacións

20 de setembro de 2011

C'mmons baby! #67

Os paxaros foron cantar á terra do millo corvo porque son ceibes, porque poden ir e vir onde lles pete. Pola contra, nós (tamén coñecidos como humanidade) somos escravos dos cartos (duración 16'30").



Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Mimi Records.

19 de outubro de 2008

Radio Oceánica (4)

Hoxe, ás 22:00 h. (GMT +01:00) nova visita a Radio Oceánica. Aquí vos deixo a miña escolma desta vez.
Podedes escoitar pola radio, ou ben pola rede, e despois cando queirades aquí, calcando en Horario e gravacións; e cedo vai sair tamén distribuido como podcast.

Abraços!!

12 de outubro de 2008

C'mmons baby! #17 (homes e planetas)


Despois da pausa de verán e as mudanzas de morada... Retomamos o fío da emisión anterior e viaxamos até Brasil para escoitar a Mombojó que Jamila Maia, cantante dos Mahalab, nos descubría daquela. Tamén lles damos folgos a Boy Elliot & The Plastic Bags na súa aventura planetaria no Festival Liet-Lavlut de linguas minorizadas. Achegamos os últimos lanzamentos de A Regueifa e de Error! Lo-fi: Zora Gabbara e Be Brave Benjamin. Máis un disco invisíbel, outro neonescente, e os resultados da votación para a camisola de C'mmons baby!



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Boy Elliott & The Plastic Bags no myspace; A Regueifa Plataforma; Zora Gabbara no myspace; Be Brave Benjamin no myspace; Error! Lo-fi; La Ventana Pop fala de Las Buenas Noches; Neonbelle no myspace, The Very Sexuals, Pien Feith.
cookieassistant.com