31 de xullo de 2008

C'mmons baby! #16 (mahalab)

Hoxe C'mmons baby! torna internacional cunha entrevista alén mar; viaxamos até Brasil para falar con Jamila Maia, cantante dos Mahalab (São Paulo), que lanzaran hai pouco o seu terceiro disco sob licenzas creative commons na jamendo.com. Unha conversa muito gostosa, onde descubrimos que se cadra a música pode transformar o mundo.



Baixar o mp3

  • Mahalab. Solar
  • Mahalab. Portas
  • Mahalab. Salam
E despedimos C'mmons baby! até setembro, pasai un verán legal!

Enlaces relacionados: Mahalab no myspace, na jamendo.com, entrevista en Música Livre na Webrádio; Mombojó; The Wavers na jamendo.com

29 de xullo de 2008

Entrega do Kara.o.ke

Xa que Opaco pasaba polo Festigal, aproveitamos para facerlle entrega do cd Kara.o.ke. Como podedes ver na foto está muito contente co premio :P que traía un extra de dúas crachas promocionais (obrigado máis unha vez Carlos).

24 de xullo de 2008

Sorteo do concurso Kara.o.ke!

Saúdos!

O gañador do concurso Kara-o-ke foi.... trrrrrr trrrrr trrrrr plaasshhh! Opaco!! Parabéns ao gañadorrr!!!

Graciñas mil a Carlos e a Fran por ter participado tamén no concurso e desculpaime pola tardanza en facer o sorteo. E obrigado a centos e moreas tamén a Carlos Valcárcel pola súa amabilidade, cedernos o cd e asinalo con tanto agarimo.

Subo o vídeo do sorteo para que se vexa que foi "sen trampa nin cartón" :)

Beixos e apertas para todos!!


Video thumbnail. Click to play
ver

21 de xullo de 2008

Radio Oceánica (3) e demoras

Onte pola noite, ás 22:00 h. (GMT +01:00) fixen a terceira visita ao fabuloso Radio Oceánica. A pesares dalgún despiste técnico, a boa música sobreponse porriba, e vemos que a labor é ben recibida pola audiencia fiel e entusiasta. Eís a música que levei ao programa.

Lembro que se pode escoitar pola radio, ou ben pola rede, e despois cando queirades aquí, calcando en Horario e gravacións.
Tamén pido desculpas pola demora en saír a nova emisión de c'mmons baby! e desvelar o resultado do sorteo de Kara.o.ke; prometemos telo nesta semana.

Abraços!!
cookieassistant.com