Amosando publicacións coa etiqueta power und beauty. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta power und beauty. Amosar todas as publicacións

3 de novembro de 2014

Faixa fixe da semana (3): "Lavender", Power und Beauty


Power und Beauty son (ou eran, non sabemos que foi delas desde 2011) catro mozas de Spokane, (Washington): Sarah Moyer, Caroline Fowler, Anna Collins-Wakeman e Karli Fairbanks.
Facían un folk-pop feitizeiro, cheo de harmonías vocais, valses e ritmos bávaros. Descubrímolas no selo Peppermill Records, onde aínda podedes atopar o único disco delas que coñecemos, The Gnome EP (2010).
Tamén podes escoitalo e baixalo no FreeMusicArchive.

20 de abril de 2010

C'mmons baby#55 (lambendo faragullas)

Preparo o menú de cada emisión con ingredientes naturais e agarimo, mais sempre fican faragullas nos pratos. Hoxe imos lambelas.
Recuperamos algunhas das músicas que ficaron atrás nos últimos C'mmons baby! e algúns artistas que aínda máis atrás ficaran fóra por falta de espazo. (duración: 41'39'')



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Peppermill Records; Bad Panda Records; rec72; Up it Up Records; Jamendo.com; Vulpiano Records.
cookieassistant.com