Amosando publicacións coa etiqueta electronic. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta electronic. Amosar todas as publicacións

2 de novembro de 2015

C'mmons baby! #89 (fillas da loba)


Facemos oito anos de emisións. Este de hoxe non é un programa especial, é un programa inmortal.
Queridos amigos, a natureza é cruel e salvaxe, só sobreviven os animais afoutos, como a loba; hoxe, día de defuntos, imos ouvear á lúa como quen venta o final. Aaauuuuuuhhhhhhh!! (duración: 23'20'').


baixar .mp3 / baixar .ogg


Ligazóns relacionadas: Blocsonic, Aaahh! Records.

26 de xuño de 2015

Faixa fixe da semana (17): "Plastic & Flashing Lights", Professor Kliq

Plastic & Flashing Lights podería considerarse un deses "grandes éxitos" da música electrónica publicada baixo licenzas CC. Apareceu en outubro do 2008 no álbum The Scientific Method, Volume II: Experiments in Sound & Perspective, do Professor Kliq.
Aproveitamos que vén de lanzar novo disco, The Scientific Method, Volume III para darlle unha lembranza.

1 de xuño de 2015

C'mmons baby! #88 (arregueifadas)

Cb!88

Regueifar regueifarei, loguiño de comezar, temos hoxe no C'mmons baby! hiphopiño, un verso e tamén rap. Un xénero pouco tocado no programa do que ía sendo tempo xa de botar unha picada.(duración: 23'33'').


baixar .mp3 / baixar .ogg

Ligazóns relacionadas: Blocsonic, Poni Republic, Yamamoto en Cb!, Poética Lunik.

30 de abril de 2015

Faixa fixe da semana (12): "Little Foxes", Red Cosmos

Hai días nos que abres a caixa de correo electrónico e descobres que o Plan de Dominación Mundial non che foi tan mal...
Esta semana chegou a carta dun iorquano do Reino Unido, Kim Tortoise aka Red Cosmos, que me pedía que lle botara unha escoita ao seu novo disco, Dreaming In Unison (2015), e se me prestaba que por favor o promovese un pouco no C'mmos baby!.
Entre as cousas que el di, no seu bandcamp, que a xente comenta da súa música, hai unha frase coa que me identifico: "It’s weird music that I mostly hate"; e eu engado: "but I like it!".

+info: Red Cosmos en Soundcloud, no archive.org, no last.fm e no Youtube.


17 de abril de 2015

Faixa fixe da semana (10): "Generikum", Rupert Falsch

Moitas veces a actualidade dá noxo, por iso é bo, de cando en vez, ir cara atrás no tempo e volver escoitar esa música que che prestou e ficou engasgada no teu corazonciño xa para sempre.
É o caso deste Generikum, de Rupert Falsch.

+ info: Rupert Falsch en Soundcloud, Rupert Falsch en Corpid Netlabel.

24 de novembro de 2014

Faixa fixe da semana (6): "Se caio", Projecto Mourente

Projecto Mourente entrou nas nosas orellas aló polo 2006 e a súa popularidade medrou axiña, coma os eucaliptos baixo os que naceu, no desaparecido netlabel A Regueifa.
A súa discografía está chea de pop electrónico doméstico, con letras ben traballadas, e inzado de pequenos hits que chegaron para ficar, xa, na nosa memoria emotivo-musical. Quen sabe se un día acaba representando a Galiza ou a Portugal no festival de Eurovisión...

Se caio é unha das faixas recollidas no, até hoxe, seu último disco: A pior (2012).

+ info: @pmourente, no tumblr.

10 de novembro de 2014

Faixa fixe da semana (4): "Your Roots, Your Bones", Les Étoiles

Les Étoiles é o proxecto en solitario de David Fitzpatrick. El fai unha música minimalista chea atmósferas íntimas e interestelares; sons que acaen coma bufanda nesta época do ano.
Your roots, your bones é o adianto do seu homónimo novo traballo, que sairá o vindeiro 14 de novembro... e min xa me tardaba.
+ info: Records on Ribs, soundcloud, bandcamp.

cookieassistant.com