31 de outubro de 2009

Este domingo nova dose dupla

Este domingo, máis unha vez, cadrou que C'mmons baby coincide cunha nova visita a Radioceánica; co cal haberá dose dupla de músicas libres. Por tanto, non esquezades pór a orella na Radio Galega Música mañá ás 22.00 h. Menudo xeito bo de celebrar o 2º aniversario!!
E a emisión de mañá de C'mmons baby vai ser algo especial, xa que temos pensado encetar un concursiño para premiar aos que levades todo este tempo escoitando a apoiando este proxecto. Obrigado!

E no luns, segunda feira, xa porei ligazóns e listaxe das músicas que soaron na radio para os que queiran saber máis dos músicos e das músicas das que falamos.

27 de outubro de 2009

Estado do PDM...

Despois de case dous meses, o resultado das votacións para os premios Bitácoras.com 2009 foi mellor do agardado: no primeiro resultado parcial figurabamos no posto 50; despois, como era case lóxico, nas seguintes semanas fomos baixando postos (52 e 55)... até remontar e rematar no posto 30! na última clasificación parcial.
A todos os que fixestes o esforzo de rexistrarvos e cumprir as condicións que vos permitisen votar, moitísimas grazas; en especial ás lectoras e lectores de El sonido de la hierba al crecer, da amiga Anabel, que aproveitaron que votaban a ela para votarme tamén a min.

Se alguén máis quere votar ainda está en tempo até as 23.59 horas deste venres 30 de outubro.

Obrigado e grazas a todos por facer que o 2º aniversario de C'mmons baby! sexa tan doce.

19 de outubro de 2009

C'mmons baby! #43 (cousas de familia)

Nestes días cadrounos topar dúas bandas que contiñan a palabra family no nome; por iso, e non por outra cousa, decidimos empregar a familia un pouco como fío condutor desta nova emisión de C'mmons Baby! (28m17s)


Baixar o mp3

Enlaces relacionados: WM Recordings; Cashmusic; Planeta X; Yes No Wave Music; Komunikando; Crestas e Imperdibles; Rockisome.

4 de outubro de 2009

C'mmons baby! #42 (outono azul)

Chegamos a emisión 42, a da resposta universal, mas temos que marchar de viaxe e improvisamos un C'mmons baby! breve para este comezo de outono. Poñemos a orella en Uruguai, Suecia, Brasil e os EUA para buscar esa cor azul das montañas e dos denim. (25m36s)


Baixar o mp3


Enlaces relacionados:Lepork Records, Aaahh Records, Rack & Ruin Records.

2 de outubro de 2009

Video promocional de C'mmons Baby!

Video promocional de C'mmons Baby! from ictioscopio on Vimeo.


O 2 de outubro de 2007 encetaba este blog anunciando a chegada de C'mmons Baby! Dous anos despois decidín facer un pequeno vídeo promocional, bilingüe galego-inglés. Agardo que vos preste, vos faga pasar un bo momento e fagades por espallar, polo mundo enteiro, as músicas que vos achego desde aquí.
Grazas a Under, por axudarme coa realización do vídeo, e a rachel por axudarme co inglés ;)
cookieassistant.com