Non sei a vós, mais a min o sol e a praia dánme fame e esta ausencia máis longa do normal tamén; por tanto vouvos levar a un chiringuito a tomar uns novos e gorentosos entrantes e algunhas tapiñas coñecidas mais saborosas.
Setembro novamente, tempo de rentrées, comezar ligas deportivas e novas coleccións de fascículos inútiles. A miña proposta é que enchades os vosos andeis (reais ou binarios) de novos sabores e receitas musicais. (duración 41'41'')
Aínda que hoxe saíu o sol, levamos un tempo no que se non chove vai frío, e se non vai frío chove. Esta climatoloxía convida a deitarse no sofá debaixo dunha manta e relaxarse con bebidas quentes e músicas moles. Hoxe traemos un feixe de cancións calmas para acompañarvos nestes curtos, aínda que cada vez menos, días de inverno. (27m11s)
Como andei de viaxe, estes días apenas tiven tempo de preparar a nova emisión do C'mmons baby! por tanto, imos improvisar un con menos palabras e máis música; ás veces con sabor a morriña e chuvia, ás veces con sabor a enerxía e a sol, como o tempo meteorolóxico que tivemos nesta semana de paixóns e folganzas.