22 de marzo de 2010

C'mmons baby#53 (na primavera, coidate das feras)


Chegou a primavera, tempo de sol e calor; mingua a roupa e medra o amor. Non sabe un moi ben como é que acontecen estas cousas, mas súpeto un día veste arrodeado de osos, polares ou bi-polares a meirande parte deles, é por iso que hoxe facemos unha viaxe ao redor de proxectos que dun xeito ou outro teñen a ver con osos e feras. (duración: 33'36'')


Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Rack & Ruin Records; Setting World Records; Bad Panda Records; Beep! Beep! Back up the Truck; A Regueifa Netlabel.

7 de marzo de 2010

C'mmons Baby!#52 (vellos tempos)


Día de recuperar artistas con vellos discos polos que parece que non pasa o tempo. Sabemos que muitos deles están a piques de lanzar novas cancións, adiantámonos para abrirvos o apetito. Tamén falamos da campaña de captación de "membros benfeitores" do selo francés We are Unique Records.
E inauguramos nova sección: nosso som common, onde imos ter un espazo para artistas que cantan na língua común de galegos e lusófonos.


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: We are Unique Records; Poni Republic; Fresh Poulp; Another Records.

3 de marzo de 2010

Hoxe estamos en Intangible 23 (Canarias Ahora Radio)

Hai uns día contactou comigo Ayoze García, director e presentador de Intangible 23, un novo espazo sonoro sobre músicas libres. Ben, novo novo non é porque seica levaba xa máis dun ano emitindo por Radio Guiniguada, mas agora deu o chimpo a Canarias Ahora Radio con catro horas semanais (de luns a xoves). Pois ben, envioume un correo para ver de entrevistarme no seu programa e falar un chisco de C'mmons baby! e das músicas de libre distribución; eis que hoxe a partir das 13.00 h. hora das Canarias e Portugal (14.00 h. hora oficial española) estarei nas ondas radiofónicas. Se queredes, podedes escoitalo en directo dende a web da emisora.
Onte falou con David Domingo, de netaudio.es e Phlow.es, dous dos sitios de referencia na escea do netaudio en España. Tedes o corte da entrevista nesta ligazón.
Axiña vai ter traballando os rss do programa para que se poida escoitar encasulado (podcast), entramentes podedes facervos seareiros e estar ao tanto das novidades na súa páxina en Facebook ou na súa conta en Twitter.

Xa podedes escoitar a entrevista aquí.

Graciña Ayoze!
cookieassistant.com