Amosando publicacións coa etiqueta tiago sousa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tiago sousa. Amosar todas as publicacións

3 de xuño de 2010

Fora de tono #001

Benvidos á primeira emisión do spin-off de C'mmons baby!: Fora de tono, música libre para ouvidos (ou orellas) ultrasensíbeis.
Quixen enxertar este esgallo do programa nai para facerlle un pouco de sitio a esas músicas que están algo fóra do abano, máis ou menos estándar, do pop-rock que vos presento en C'mmons baby!
O formato vai ser moi sinxelo: introducir as composicións e a información dos artistas ao primeiro (2 ou 3 como moito) e despois darlle ao play tentando non pasarme dos 10-15 min. A periodicidade vai ser irregular, aínda que farei por que haxa unha emisión ao mes.
O rss é o mesmo de C'mmons baby! así non tedes que subscribirvos a nada novo. Comezamos, 1, 2, 3... (duración: 13'05")


Baixar o mp3

26 de abril de 2009

C'mmons baby! #31 (nouvelle cuisine)

Levabamos xa tempo detrás dos Nouvelle Cuisine para que nos falasen do seu último disco "de memoria"; aproveitamos que van tocar o 1 de maio no Festival do Norte para entrevistar a Carlos Lens, baterista da banda. Descúbrenos as sorprendentes aventuras e desventuras de sacar un disco fóra da "industria" (a entrevista fíxose na terraza do bar As Dúas, onde non é raro escoitar as músicas recollidas nas escolmas de C'mmons baby! ao tempo que comedes unha das súas fabulosas tostas).
Tamén temos unha pequena lembranza para o 25 de abril portugués, e despedimos ao netlabel Merzbau. Rematamos cun disco dos Keyboard Rebel (baixo o alcume de Slope) que fixeron alá atrás en apenas 24 horas pechados nun cuarto.



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Nouvelle Cuisine no myspace; Merzbau; Lonxa Cultural; Festival do Norte; Keyboard Rebel, Bar As Dúas.
cookieassistant.com