Amosando publicacións coa etiqueta eua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta eua. Amosar todas as publicacións

5 de xullo de 2014

C'mmons baby! #84 (non somos reis)



Encetamos ciclo ourobórico en C'mmons baby! Abrimos unha serie de emisións que abriran co mesmo músico co que se pecha a emisión anterior.
Entramentres, na España, hai novo rei, revalidado nun ciclo infinito coma un gif animado (duración: 25'15'').


baixar mp3 / baixar ogg

Ligazóns relacionadas: Candy Says manifesto, Planeta X.

21 de novembro de 2013

C'mmons baby! #82 (proletarios e defuntos)

Este é o especial 6º cabodano de C'mmons baby! que debería ter saído o 2 de novembro. Chegou tarde, mas chegou, chegou cheo de arrepiantes novas para o proletariado e fermosas historias de medo. Morte e amor loitando xuntos, Tánatos e Eros, cada un nunha aurícula dos teus ouvidos (duración 30'38").


baixar mp3 / baixar ogg

Ligazóns relacionadas: Discos da Máquina, Fundación Robo, Intangible23.

7 de setembro de 2013

C'mmons baby! #81 (capitalismalo)

Chegamos con cinco meses de atraso, mais regresamos dispostos a demoler este sistema fedorento, a coller forzas para recuperar o ritmo perdido e construír un novo espazo. (duración 21'13").


baixar mp3 / baixar ogg

Ligazón relacionada: Discos da Máquina.

9 de xaneiro de 2013

C'mmons baby! #78

Balbuce o ano 2013, mais imos despedir o 2012 con algúns vellos coñecidos (algúns sen lanzar nada novo desde hai ben tempo) que decidiron regresar con novas músicas a finais deste ano que marchou. Tamén anuncio o obradoiro sobre podcasting e radio en internet que vou dar no LAV 2013 de Vedra no mes de febreiro. (duración: 23'40")


Baixar o mp3 / baixar o ogg


Ligazóns relacionadas: senunpeso.org, Discos da máquina.

12 de decembro de 2012

C'mmons baby! #77

Despois de máis de mes e medio de atraso chega o especial 5º cabodano. É pouco especial, a non ser porque é o duplo de longo na duración. Pedimos perdón pola demora e repasamos músicas dalgúns vellos "amigos" e traemos outras dalgúns novos. Tamén anunciamos que de aquí en diante C'mmons baby! vai ser reemitido desde Madrid via Nosuti Radio.
(duración: 34'19")



Baixar o mp3 / baixar o ogg


Ligazóns relacionadas: entrevista a Monk Turner en Cb!; entrevista a Monk Turner en Intangible 23; 189Mhz; We Are Unique Records.

8 de outubro de 2012

C'mmons baby! #76

Falta menos dun mes para o noso quinto cabodano e aínda menos para as eleicións galegas. É o momento dos anónimos, é o momento de que fale a maioría calada. É case o único momento no que os políticos se lembran de nós e reparan en que existimos. Ide votar, ho! O noso voto é a nosa voz, a voz da xente da rúa, a voz da xente anónima. (duración: 17'37")


Baixar o mp3 / baixar o ogg


Ligazóns relacionadas: entrevista a Monk Turner en Cb!, entrevista a Monk Turner en Intangible 23, escolma de Monk Turner en onda66; Terbutalina.

3 de setembro de 2012

C'mmons baby! #75 (o que quero e o que preciso)

Entramos na emisión septuaxésimo quinta, chegados aquí, cumpre reflexionar. Cando comecei con C'mmons baby! pensaba que duraría até os cinco anos ou os cen programas, o que antes chegase; o quinto cabodano está aí á volta e para chegar ás cen emisións faltan polo menos dous anos, agora estou na encrucillada de arriar (como pensara) ou seguir. Isto tamén é voso e quero saber que pensades. (duración: 19'41")



Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Bad Panda Records; We Are Unique! Records.

3 de xullo de 2012

C'mmons baby! #73


Con tanta política de recortes imos de cabeza cara o precipicio da miseria, e no horizonte nada máis se ve un deserto ermo, mais estrelado. (duración: 19'28")




Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Tomás Roncero a chorar; Fundación Robo.

24 de abril de 2012

C'mmons baby!#71

Parecía que o verán adiantado chegara para ficar, mais volveu a chuvia e houbo que tirar outra vez de gabardinas. Tamén Cb! volve aínda que alguén poidera pensar que coas longas ausencians entre emisión e emisión xa estaba morto. Murmuracións (duración: 17'29").



Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Aaahh Records.

28 de marzo de 2012

C'mmons baby!#70

Pasou tanto tempo que non sei se aínda haberá alguén aí, agardando. A escolma desta emisión estaba pensada para os días de frío de princípios de ano. Agora vai sol, calor e as raiolas de sol entran brillando radiantes pola fiestra dos nosos estudios en Oslo (duración: 14'04").



baixar .mp3 / baixar .ogg

Ligazóns relacionadas: Upitup Records.

31 de decembro de 2011

C'mmons baby!#69

Nesta época do ano de friaxes, chuvias e festas de solsticios invernais, o que máis presta é ficar na casa, a caloriña do lar (duración: 15'59").


Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Pueblo Nuevo, A Regueifa, EardrumsPop.

11 de novembro de 2011

C'mmons baby!#68

Pasou o día de defuntos, o noso cabodano, e chega o noso especial con algo de demora, ben é certo que hoxe é san Martiño, que tamén é un día de defuntos, de porcos defuntos. Repasamos as catro cancións libres máis escoitadas nestes catro anos que levamos de andada. (duración 20'13")


Baixar o mp3


Ligazóns relacionadas: We Are Unique Records, Hit City USA, Poni Republic.

20 de setembro de 2011

C'mmons baby! #67

Os paxaros foron cantar á terra do millo corvo porque son ceibes, porque poden ir e vir onde lles pete. Pola contra, nós (tamén coñecidos como humanidade) somos escravos dos cartos (duración 16'30").



Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Mimi Records.

13 de xullo de 2011

C'mmons baby! #66

Igual é que se dan poucos agradecementos, por iso están aí eses animais a falar á beira do mar de xenebra azul das botellas dun andel da licoraría dos señores Ellises... comezamos. (duración 11'53")



Baixar o mp3


Ligazóns relacionadas: Aaahh Records; Enough Records.

22 de marzo de 2011

C'mmons baby! #64 (entrevista a Monk Turner)

Unha semana antes do terremoto de Xapón, Monk Turner (preservamos o segredo do seu nome real) lanzaba xunto coa espectacular cantante Alanna Lin o seu disco "Emergency Songs", un feixe de cancións para o antes (before), durante (during) e after (despois) do Big One, o terremoto que algún día vai facer escachar California. Conversamos con el sobre a súa música e outras cousas ben interesantes.
Días despois, estudantes da universidade de Handong (Corea do Sur), elaboraron un video chamado "We love Japan" coa canción Start again, que pecha o album.
Thank you, Monk! (duración: 44'55'')


baixar .mp3 / baixar .ogg

  • Monk Turner + Fascinoma. Letter to the Los Angeleans (BEFORE)
  • Monk Turner + Fascinoma. Trust (Is Just a Word)
  • Monk Turner + Fascinoma. Did You Feel That (DURING)
  • Monk Turner + Fascinoma. HOLD ON!
  • Monk Turner + Fascinoma. After Disaster
  • Monk Turner + Fascinoma. Start Again

Ligazóns relacionadas: Blog de Monk Turner; Who pays for free?; Fascinoma.

31 de xaneiro de 2011

C'mmons baby #63 (a bailar e abalar)

Comezamos ano e emisións desde o noso novo Oslo Studio con gañas de bailar. Tamén vos comento, para os que ainda non o sabedes, que desde a emisión #9 de Io~nos, tedes alí un micro-espazo chamado Petit commun, onde cada mes vou ir deitando músicas libres que ás veces fican fóra de aquí, ou non, xa se vai ver como deriva a cousa.
En calquera caso, esta primeira emisión do ano é para nos recargar de enerxía positiva (duración: 29'23'').




Baixar o mp3

9 de novembro de 2010

C'mmons baby#61 (especial 3º cabodano)


Este si é o especial 3º cabodano de C'mmons baby!
Primeiro de todo agradecer aos que escribiron e/ou mandaron mensaxes sonoras para unirse a esta pequena festa.
36 meses, máis de 60 emisións, 10 entrevistas, ninseicantos músicos e cancións... xente que escribe e nos sigue desde unha chea de países do mundo... se cadra o PDM non vai tan mal. (duración 53'08")


Baixar o mp3


Ligazóns relacionadas: A Regueifa; onda66; Radioceánica; Zimmer103; Intangible 23; trastienda.org ; Circle into square.

31 de outubro de 2010

C'mmons baby! #60 (de bares e amizades)

Esta aínda non é a emisión especial 3º cabodano.
Imos cavilar un chisco sobre a música e o uso que se fai dela nos bares, novos amigos que contactaran con nós estes días atrás, algunha novidade e máis cousiñas.


Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: No-Source; Inmyroom Records; A Regueifa; Blackfish Discos; Free Albums Galore.

11 de outubro de 2010

Radio Oceánica (13)

Despois de bastantes meses, onte volvemos pasar por Radio Oceánica para falar de máis músicas libres.
E ficou fóra por falta de tempo: Yawn. Toys (Yawn EP).

Podedes baixar os temas aquí (.zip 40.24 MB) ou escoitar a emisión completa aquí, calcando en Horario e gravaciónse e buscando a emisión do 10 de outubro de 2010, ou directamente aquí.

25 de setembro de 2010

cookieassistant.com