Amosando publicacións coa etiqueta las buenas noches. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta las buenas noches. Amosar todas as publicacións

5 de xullo de 2014

C'mmons baby! #84 (non somos reis)



Encetamos ciclo ourobórico en C'mmons baby! Abrimos unha serie de emisións que abriran co mesmo músico co que se pecha a emisión anterior.
Entramentres, na España, hai novo rei, revalidado nun ciclo infinito coma un gif animado (duración: 25'15'').


baixar mp3 / baixar ogg

Ligazóns relacionadas: Candy Says manifesto, Planeta X.

29 de maio de 2014

C'mmons baby! #83 (unha voda e case un funeral)


Tantos meses de ausencia e escollo para gravar este día que ando arrefriado para volver... non vos teño remedio. Encanamos coa emisión anterior e seguimos con guitarras, guitarras, guitarras para cargar as pillas (duración: 24'57'').


baixar mp3 / baixar ogg

Ligazóns relacionadas: Lixo Urbano, Desde Boxes, La morsa era yo, Ganapán, Metropolés Delirantes.

12 de outubro de 2008

C'mmons baby! #17 (homes e planetas)


Despois da pausa de verán e as mudanzas de morada... Retomamos o fío da emisión anterior e viaxamos até Brasil para escoitar a Mombojó que Jamila Maia, cantante dos Mahalab, nos descubría daquela. Tamén lles damos folgos a Boy Elliot & The Plastic Bags na súa aventura planetaria no Festival Liet-Lavlut de linguas minorizadas. Achegamos os últimos lanzamentos de A Regueifa e de Error! Lo-fi: Zora Gabbara e Be Brave Benjamin. Máis un disco invisíbel, outro neonescente, e os resultados da votación para a camisola de C'mmons baby!



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Boy Elliott & The Plastic Bags no myspace; A Regueifa Plataforma; Zora Gabbara no myspace; Be Brave Benjamin no myspace; Error! Lo-fi; La Ventana Pop fala de Las Buenas Noches; Neonbelle no myspace, The Very Sexuals, Pien Feith.
cookieassistant.com