Amosando publicacións coa etiqueta australia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta australia. Amosar todas as publicacións

21 de novembro de 2013

C'mmons baby! #82 (proletarios e defuntos)

Este é o especial 6º cabodano de C'mmons baby! que debería ter saído o 2 de novembro. Chegou tarde, mas chegou, chegou cheo de arrepiantes novas para o proletariado e fermosas historias de medo. Morte e amor loitando xuntos, Tánatos e Eros, cada un nunha aurícula dos teus ouvidos (duración 30'38").


baixar mp3 / baixar ogg

Ligazóns relacionadas: Discos da Máquina, Fundación Robo, Intangible23.

3 de agosto de 2012

C'mmons baby! #74 (extra de verán)


Pechamos a triloxía sobre a "crisi" da apocalipse económica cun extra de verán para coller novos folgos e enfrontarnos ao futuro con xiria. Facemos un repaso a algunhas das cousas máis típicas do verán: os mosquitos, as cañas, o tinto de verano e os romances, o turismo e os jodechinchos. (duración: 20'59")


Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Pedaló, el documental, EardrumsPop, Esperanza Aguirre #video, Mª Dolores de Cospedal #video.

21 de decembro de 2008

C'mmons baby! #22 (o mundo enteiro)


Queremos, neste programa final do ano e neste tempo no que se fala de amor e fraternidade entre pobos, percorrer o mundo enteiro, os cinco ou seis continentes, para espallar este sentimento de compartir dun recanto a outro do mundo; construindo pontes e ligazóns culturais e musicais.




Baixar o mp3



Enlaces relacionados: Jamendo; Delhotel; Gepe no myspace; Al Unísono (documentario sobre Gepe e Javiera Mena); Quema su cabeza; Yes No Wave Music; A Regueifa Plataforma; Mike Cobb & The Crevulators.
cookieassistant.com