Amosando publicacións coa etiqueta italia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta italia. Amosar todas as publicacións

3 de setembro de 2012

C'mmons baby! #75 (o que quero e o que preciso)

Entramos na emisión septuaxésimo quinta, chegados aquí, cumpre reflexionar. Cando comecei con C'mmons baby! pensaba que duraría até os cinco anos ou os cen programas, o que antes chegase; o quinto cabodano está aí á volta e para chegar ás cen emisións faltan polo menos dous anos, agora estou na encrucillada de arriar (como pensara) ou seguir. Isto tamén é voso e quero saber que pensades. (duración: 19'41")



Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Bad Panda Records; We Are Unique! Records.

24 de abril de 2012

C'mmons baby!#71

Parecía que o verán adiantado chegara para ficar, mais volveu a chuvia e houbo que tirar outra vez de gabardinas. Tamén Cb! volve aínda que alguén poidera pensar que coas longas ausencians entre emisión e emisión xa estaba morto. Murmuracións (duración: 17'29").



Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Aaahh Records.

31 de decembro de 2011

C'mmons baby!#69

Nesta época do ano de friaxes, chuvias e festas de solsticios invernais, o que máis presta é ficar na casa, a caloriña do lar (duración: 15'59").


Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Pueblo Nuevo, A Regueifa, EardrumsPop.

26 de xuño de 2011

C'mmons baby!#65 (fios)


Esta vai ser a última emisión de C'mmons baby! como foi até hoxe, o que veña despois está por ver. Cavilamos no futuro deste falangullo coa ilusión de inchar o peito de novos folgos e de que todo isto nos leve para adiante (duración 26'07").




Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Bad Panda Records; Aaahh Records; 23 Seconds; Trastienda; Temazo.org.

31 de outubro de 2010

C'mmons baby! #60 (de bares e amizades)

Esta aínda non é a emisión especial 3º cabodano.
Imos cavilar un chisco sobre a música e o uso que se fai dela nos bares, novos amigos que contactaran con nós estes días atrás, algunha novidade e máis cousiñas.


Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: No-Source; Inmyroom Records; A Regueifa; Blackfish Discos; Free Albums Galore.

21 de decembro de 2008

C'mmons baby! #22 (o mundo enteiro)


Queremos, neste programa final do ano e neste tempo no que se fala de amor e fraternidade entre pobos, percorrer o mundo enteiro, os cinco ou seis continentes, para espallar este sentimento de compartir dun recanto a outro do mundo; construindo pontes e ligazóns culturais e musicais.




Baixar o mp3



Enlaces relacionados: Jamendo; Delhotel; Gepe no myspace; Al Unísono (documentario sobre Gepe e Javiera Mena); Quema su cabeza; Yes No Wave Music; A Regueifa Plataforma; Mike Cobb & The Crevulators.

9 de novembro de 2008

C'mmons baby! #19 (era unha vez..)


Hoxe traemos un c'mmons baby! de conto para celebrar o noso primeiro aniversario, quei voa o tempo!
Temos príncipes-vaqueiros azuis, lobos mouros, e unha princesiña de ollos verdes; músicas libres de todas as cores. E de remate unha banda italiana que nos contactou no correo-e para sair neste recuncho e fixémoslle un oco nesta emisión.



Baixar o mp3


Enlaces relacionados: The Singletons no myspace; Dallas Kincaid en jamendo; Franc3s no myspace; A Regueifa Plataforma; aaahh records; Confusion is next no myspace; trastienda.org.

31 de xullo de 2008

C'mmons baby! #16 (mahalab)

Hoxe C'mmons baby! torna internacional cunha entrevista alén mar; viaxamos até Brasil para falar con Jamila Maia, cantante dos Mahalab (São Paulo), que lanzaran hai pouco o seu terceiro disco sob licenzas creative commons na jamendo.com. Unha conversa muito gostosa, onde descubrimos que se cadra a música pode transformar o mundo.



Baixar o mp3

  • Mahalab. Solar
  • Mahalab. Portas
  • Mahalab. Salam
E despedimos C'mmons baby! até setembro, pasai un verán legal!

Enlaces relacionados: Mahalab no myspace, na jamendo.com, entrevista en Música Livre na Webrádio; Mombojó; The Wavers na jamendo.com

29 de xuño de 2008

C'mmons baby! #15 (santos, mortes e resurreccións)

Despois da estensa entrevista a Projecto Mourente e a pausa radioceánica, regresamos con noticias e máis músicas interesantes.
Despedimos ao netlabel Holy Rook, que deixa a súa actividade; dámos a benvida ao regreso activo de Error! lo-fi e a súa nova web con lonxa en liña; descubrimos unha enérxica banda de reggae-ska do norte de Italia grazas ao novo compilado de BlocSonic; o fío lévanos até Cascais desfrutar de b (fachada) e o seu pop erudito; e recuperamos unha faixa muito fixe dunha banda de Philadelphia xa desaparecida, os Rifle Nice.
Non esquezades que ainda está en marcha o concurso de Kara.o.ke.



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Holy Rook, Carmen Burguess, Tomás Nochteff; Green.Means.Love no myspace, Error! lo-fi; Men in route no jamendo.com, BlocSonic; Merzbau; Rifle Nice no myspace, Jody Hamilton.

NOTA: Ando apirolado, e onde dixen NetBloc, quería dicir BlocSonic; (netbloc é o nome dos compilados que fan os de BlocSonic, eís a causa do erro).
cookieassistant.com