26 de abril de 2009

C'mmons baby! #31 (nouvelle cuisine)

Levabamos xa tempo detrás dos Nouvelle Cuisine para que nos falasen do seu último disco "de memoria"; aproveitamos que van tocar o 1 de maio no Festival do Norte para entrevistar a Carlos Lens, baterista da banda. Descúbrenos as sorprendentes aventuras e desventuras de sacar un disco fóra da "industria" (a entrevista fíxose na terraza do bar As Dúas, onde non é raro escoitar as músicas recollidas nas escolmas de C'mmons baby! ao tempo que comedes unha das súas fabulosas tostas).
Tamén temos unha pequena lembranza para o 25 de abril portugués, e despedimos ao netlabel Merzbau. Rematamos cun disco dos Keyboard Rebel (baixo o alcume de Slope) que fixeron alá atrás en apenas 24 horas pechados nun cuarto.



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Nouvelle Cuisine no myspace; Merzbau; Lonxa Cultural; Festival do Norte; Keyboard Rebel, Bar As Dúas.

13 de abril de 2009

C'mmons baby! fixo conta en twitter

Os que me coñecen saben que nunca fun fan de twitter, mas seguindo co meu PDM vía C'mmons baby! decidín que en cantos máis sitios estea e máis posibilidades dea para que a xente fique ao tanto das actualizacións, máis se espallará a boa nova das músicas libres e blablablá...
Por tanto aí na esquerda podedes ver outro novo botón "social" para seguir CB! tamén en http://twitter.com/commonsbaby

(Ah, e tamén engadín un botón para enviar as entradas ás distintas redes sociais e agregadores, por se considerades que algunha paga a pena espallala e facerlle propaganda...)

12 de abril de 2009

C'mmons baby! #30 (sol ou chuvia)

Como andei de viaxe, estes días apenas tiven tempo de preparar a nova emisión do C'mmons baby! por tanto, imos improvisar un con menos palabras e máis música; ás veces con sabor a morriña e chuvia, ás veces con sabor a enerxía e a sol, como o tempo meteorolóxico que tivemos nesta semana de paixóns e folganzas.


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: CASH music; Subroutine records; Indecisión metódica; A Regueifa; Crete Boom en Jamendo.com; Rack&Ruin Records; Another Record.
cookieassistant.com