Amosando publicacións coa etiqueta merchandising. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta merchandising. Amosar todas as publicacións

28 de xaneiro de 2009

Sobre o merchandising baby! e outras historias

Ben, respecto do das camisolas, algún xa anda lucindo a súa polo mundo adiante, outros van ter que agardar un chisco por "problemas técnicos" (os do modelo en branco), e pronto hei idear un concursiño para sortear un par delas.
Máis cousas... tamén hai crachás, chapas, insignias ou como queirades chamalas, podedes conseguilas en Santiago de Compostela se pasades por o Bar As dúas, que teñen alí unhas poucas (apurai que voan!), mas se non andades perto, contactade comigo e veremos o xeito de achegarvos algunha.
E para rematar, dicirvos que me deixei convencer por unha fabulosa emereci para crear unha páxina de c'mmons baby! no facebook para ver de promocionalo por outros medios; por tanto, se ollades na columna da esquerda, onde o de "este podcast está niquelado", hai un botón para visitar o sitio e facerse fan. Alí poderedes ver tamén as mesmas notiñas que subo ao grupo do last.fm, recomendando algunha música que non teño tempo ou sitio de emitir polo podcast.
E acho non hai máis novidades polo de agora, até o domingo!

16 de setembro de 2008

Adíase un pouco máis o regreso

Por mudanza de morada, o regreso de C'mmons Baby! vai adiar un pouco máis, síntovolo. Déixovos o disco recomendado da semana: Post-Apocalyptic Love, dos The Very Sexuals; non especifican que sexa distribuido baixo licenzas abertas, mas si se pode descargar de balde na súa web.
Lémbrovos que aínda se pode votar polo deseño da camisola, no foro do grupo no last.fm ou aquí no blog. De momento, a cousa vai parella: 5 votos preta, 4 votos branca... tedes até o 3 de outubro para votar.

Abraços e bejinhos!

Enlaces relacionados: The Very Sexuals, NeonBelle, Pien Feith.

3 de setembro de 2008

Merchandising baby!

camisolas
Case a piques de regresar con novas emisións, ando pensando en facer un pouco de promoción analóxica; e pensei en imprimir unha ducia de camisolas co símbolo de C'mmons baby! Mas teño un problema, non me decido polo deseño e quero que me axudedes a decidir: a negra ou a branca?
Deixade un comentario ou mandade un correo coa vosa preferida.

Lémbrovos tamén, que abrín un grupo no Last.fm onde entre outras cousas ides poder enterarvos dalgunhas novidades ou curiosidades que por H ou por B non poño aquí, como por exemplo que segundo Feedburner levamos máis de 1.000 descargas entre todos os episodios (mas 11.649 visualizacións segundo Blip.tv)

Até breve!
cookieassistant.com