3 de setembro de 2008

Merchandising baby!

camisolas
Case a piques de regresar con novas emisións, ando pensando en facer un pouco de promoción analóxica; e pensei en imprimir unha ducia de camisolas co símbolo de C'mmons baby! Mas teño un problema, non me decido polo deseño e quero que me axudedes a decidir: a negra ou a branca?
Deixade un comentario ou mandade un correo coa vosa preferida.

Lémbrovos tamén, que abrín un grupo no Last.fm onde entre outras cousas ides poder enterarvos dalgunhas novidades ou curiosidades que por H ou por B non poño aquí, como por exemplo que segundo Feedburner levamos máis de 1.000 descargas entre todos os episodios (mas 11.649 visualizacións segundo Blip.tv)

Até breve!

11 comentarios:

  1. A min gústame máis a branca. Os bordos negros danlle un toque chulo.

    ResponderEliminar
  2. O negro, a cor elegante por excelencia penso que sería máis apropiada como camiseta estrela da noite.

    2 a 1, a ver a ver...

    ResponderEliminar
  3. Camiseta negra sin duda!! nocturna a la par que elegante...para triunfar por los garitos, of course :D:D

    ResponderEliminar
  4. joder , hai 4 comentarios e polo menos ¡ momentaneamente eu entornaría a balanza, demasiada presión , voto nulo e aproveito xa para cursar o meu pedido, sexa branca coma o leite ou preta coma un tizón...ós nosos peitos
    xa baby!!

    ResponderEliminar
  5. Benquerido zimmer103, para que non sintas o peso da balanza, deixo aquí os votos que na discusión aberta sobre o tema no grupo do last.fm deixaron dous amigos máis:
    oochy_woochy di "Negra, como a de Juanes."
    e oscarotero di "Hai cousas que me gustan máis da branca e outras máis da negra, pero como da branca non me gusta nada o borde negro nas mangas e no cuello, pois marchando unha negra para un servidor!"
    Por tanto, o reconto vai así: branca 2, negra 4.

    ResponderEliminar
  6. Coma deseñador en potenza teño que dicir que sen dúbida a branca, a cor por excelenza de c'mmons baby, a que predomine na camisola deste marabilloso podcast. Tomade aí!!!

    ResponderEliminar
  7. branca por supostísimo... a negra a leva todo quisqui... a branca nos tempos que corren é a máis axeitada sen deixar de pensar en que son as cores da selección que tratou de librarnos do coñazo da victoria da selección española na eurocopa... deutschland uber alles!!!

    ResponderEliminar
  8. como aquí veo la cosa medio dispareja voto por la negra, sí, la negra, a la blanca le falta rocanrrol :P

    ResponderEliminar

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

cookieassistant.com