Amosando publicacións coa etiqueta pdm. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pdm. Amosar todas as publicacións

29 de novembro de 2009

C'mmons baby! no Viralatas

Cmmons baby no Viralatas 3
Con algo de retardo deime de conta que no Viralatas nº3 (.pdf 5,55MB) falaron da existencia de C'mmons Baby!:
Podcast de músicas libres
O blogueiro cangués Ictioscopio realiza este podcast quincenal de media hora no que pincha, informa e entrevista sobre músicas de todo o mundo publicadas con licenzas copyleft, con especial atención ás galegas e lusófonas. Para escoitar coas orellas ben abertas.
Obrigado ao responsábel e á xente de Viralatas :)

26 de novembro de 2009

European Podcast Award 2009-2010 (#EPA10)

Ben, parece que xa se puxo oficialmente en marcha o European Podcast Award 2009-2010; e como este ano decidín traballar arreo no meu PDM, eís que me presento outra vez para seguir internacionalizando isto.
O voto popular non determina o gañador mas si é valorado polo xurado, así que se gostades de C'mmons Baby podedes votar nesta ligazón. Obrigado, graciñas, thank you, merci...
Poño un botón con ligazón directa ao sitio de votación na esquerda igual que fixera co do premio de Bitacoras.com.

27 de outubro de 2009

Estado do PDM...

Despois de case dous meses, o resultado das votacións para os premios Bitácoras.com 2009 foi mellor do agardado: no primeiro resultado parcial figurabamos no posto 50; despois, como era case lóxico, nas seguintes semanas fomos baixando postos (52 e 55)... até remontar e rematar no posto 30! na última clasificación parcial.
A todos os que fixestes o esforzo de rexistrarvos e cumprir as condicións que vos permitisen votar, moitísimas grazas; en especial ás lectoras e lectores de El sonido de la hierba al crecer, da amiga Anabel, que aproveitaron que votaban a ela para votarme tamén a min.

Se alguén máis quere votar ainda está en tempo até as 23.59 horas deste venres 30 de outubro.

Obrigado e grazas a todos por facer que o 2º aniversario de C'mmons baby! sexa tan doce.

8 de setembro de 2009

Axuda ao meu PDM

Seguindo as ensinanzas do amigo ifrit, e pensando na posibilidade de así facer máis visible C'mmons baby!... metín na esquerda un botón para que me votedes nos premios Bitacoras.com 2009. Que acepten sitios que falen noutros idiomas distintos do castellano é un detalle que non teñen outros...

Xa sabedes, se gostades de CB! votai!

2 de maio de 2008

C´mmonsbabyando en Radio Oceánica

Foi todo súpeto, nin o sospeitaba, mas é un feito.
A partir deste domingo 4 de maio, e unha vez cada seis semanas, vou colaborar no programa Radio Oceánica da Radio Galega Música, onde falarei principalmente de músicas publicadas baixo licenzas abertas. Podedes escoitalo ás 22:00 h. (GMT +01:00), ben pola radio, ou ben pola rede, ou despois cando queirades aquí, calcando en Horario e gravacións.

Quero aproveitar esta notiña para darlle as grazas a Sak por pensar en min para isto, e tamén a todos os que escoitades C'mmons baby! por estar aí e animarme a seguir. Graciñas, de corazón.
cookieassistant.com