22 de maio de 2015

Faixa fixe da semana (15): "Uh, uh, uh!", The Homens


Aproveitamos que o vindeiro 12 de xuño The Homens se arrexuntan, despois de catro anos para dar un concerto na Sala Capitol de Santiago, para dedicarlles a faixa fixe da semana.
“Vamos facelo con todas as súas consecuencias, arramplando cun repertorio de oldies e de zurra estrema, en formación de a catro, con Tomás Ageitos aos mandos técnicos e outra vez coas zamarras de raias”.

Non é sinxelo escoller unha soa faixa de todo o seu repertorio (a propósito, para axurdarlles a escoller as que vaian soar ese día, aquí teñen un formulario no que podedes marcar as vosas favoritas), mais decidimos torcer por "Uh, uh, uuh!" que fora escolmada naquel mítico compilado Share It Spread It Love It que publicara a plataforma alemana Metawelle no 2007 e que tan bos descubrimentos nos dera.

 +info: The Homens no bandcamp, o seu facebook, o seu twitter; Sala Capitol.

15 de maio de 2015

Faixa fixe da semana (14): "Ben peinados", Terbutalina

Desta volta, a faixa fixe da semana non podería ser doutros que non fosen os Terbutalina, que recén acaban de gañar o premio a "Mellor Álbum en Galego nos Premios MIN" (Premios da Música Independiente) polo seu A muerte. Parabéns!!

Queremos pensar que subirían recoller o galardón "ben peinados", ou non...


+info: o seu bandcamp, o seu soundcloud, o seu twitter, o seu youtube, o seu instagram e o seu facebook.

8 de maio de 2015

Faixa fixe da semana (13): "Sunrise number 1", Stormy Mondays

Stormy Mondays
Stormy Mondays ao vivo

Os asturianos Stormy Mondays levan un feixe de anos loitando por vivir da súa música e fóra das sociedades de xestión de dereitos.
Cren na autoxestión e nos concertos como xeito de vida, son pioneiros da distribución musical por internet e as licencias Creative Commons na España; cantan en inglés, castelán e asturiano, e como froito da súa constancia e traballo chegaron partillar escenario con Slash e mesmo con Springsteen.

Hai uns anos soñaron con que unha das súas canción soase no espazo, e abofé que o conseguiron.

+info: na súa webno seu soundcloud, en songkick e no seu twitter.
 
cookieassistant.com