22 de maio de 2015

Faixa fixe da semana (15): "Uh, uh, uh!", The Homens


Aproveitamos que o vindeiro 12 de xuño The Homens se arrexuntan, despois de catro anos para dar un concerto na Sala Capitol de Santiago, para dedicarlles a faixa fixe da semana.
“Vamos facelo con todas as súas consecuencias, arramplando cun repertorio de oldies e de zurra estrema, en formación de a catro, con Tomás Ageitos aos mandos técnicos e outra vez coas zamarras de raias”.

Non é sinxelo escoller unha soa faixa de todo o seu repertorio (a propósito, para axurdarlles a escoller as que vaian soar ese día, aquí teñen un formulario no que podedes marcar as vosas favoritas), mais decidimos torcer por "Uh, uh, uuh!" que fora escolmada naquel mítico compilado Share It Spread It Love It que publicara a plataforma alemana Metawelle no 2007 e que tan bos descubrimentos nos dera.

 +info: The Homens no bandcamp, o seu facebook, o seu twitter; Sala Capitol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

cookieassistant.com