Amosando publicacións coa etiqueta pop. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pop. Amosar todas as publicacións

2 de novembro de 2015

C'mmons baby! #89 (fillas da loba)


Facemos oito anos de emisións. Este de hoxe non é un programa especial, é un programa inmortal.
Queridos amigos, a natureza é cruel e salvaxe, só sobreviven os animais afoutos, como a loba; hoxe, día de defuntos, imos ouvear á lúa como quen venta o final. Aaauuuuuuhhhhhhh!! (duración: 23'20'').


baixar .mp3 / baixar .ogg


Ligazóns relacionadas: Blocsonic, Aaahh! Records.

10 de xuño de 2015

Faixa fixe da semana (16): "Bury you", Vita and The Woolf


Vita and The Woolf é unha banda de Philadelphia liderada por Jen Pague e esa súa voz que mete medo do espectacular que é. Como mostra, esta faixa, Bury you, acompañada só dun teclado, coa que pretendían convencer a xente para axudalos a gravar o seu novo disco, e abofé que convenceu.

+ info: o seu bandacamp, o seu soundcloud, o seu twitter, o seu facebook.

22 de maio de 2015

Faixa fixe da semana (15): "Uh, uh, uh!", The Homens


Aproveitamos que o vindeiro 12 de xuño The Homens se arrexuntan, despois de catro anos para dar un concerto na Sala Capitol de Santiago, para dedicarlles a faixa fixe da semana.
“Vamos facelo con todas as súas consecuencias, arramplando cun repertorio de oldies e de zurra estrema, en formación de a catro, con Tomás Ageitos aos mandos técnicos e outra vez coas zamarras de raias”.

Non é sinxelo escoller unha soa faixa de todo o seu repertorio (a propósito, para axurdarlles a escoller as que vaian soar ese día, aquí teñen un formulario no que podedes marcar as vosas favoritas), mais decidimos torcer por "Uh, uh, uuh!" que fora escolmada naquel mítico compilado Share It Spread It Love It que publicara a plataforma alemana Metawelle no 2007 e que tan bos descubrimentos nos dera.

 +info: The Homens no bandcamp, o seu facebook, o seu twitter; Sala Capitol.

30 de abril de 2015

Faixa fixe da semana (12): "Little Foxes", Red Cosmos

Hai días nos que abres a caixa de correo electrónico e descobres que o Plan de Dominación Mundial non che foi tan mal...
Esta semana chegou a carta dun iorquano do Reino Unido, Kim Tortoise aka Red Cosmos, que me pedía que lle botara unha escoita ao seu novo disco, Dreaming In Unison (2015), e se me prestaba que por favor o promovese un pouco no C'mmos baby!.
Entre as cousas que el di, no seu bandcamp, que a xente comenta da súa música, hai unha frase coa que me identifico: "It’s weird music that I mostly hate"; e eu engado: "but I like it!".

+info: Red Cosmos en Soundcloud, no archive.org, no last.fm e no Youtube.


26 de abril de 2015

Faixa fixe da semana (11): "Great Pyramid", Celebration

Celebration é unha banda de Baltimore, liderada pola vocalista Katrina Ford e o músico Sean Antanaitis. Publicaron os seus dous primeiros discos, Celebration (2005) e The Last Tribe (2007), para 4AD e chegaron acadar certa sona entre o público e os medios máis espelidos. Mais racharon coa discográfica e un par de anos despois deciden facer un experimento, o album Hello Paradise (2010), "inspirado" no tarot e cunha premisa:
"Our plan and experiment is to post new songs monthly, as we create and record them. Under the creative commons attribution non-commercial share alike license..."
O compilado está cheo de grandes faixas e conforman, na miña opinión, un dos máis grandes discos publicado baixo licenzas Creative Commons.

+info: Celebration website, blog Electric Tarot, no Instagram, no twitter, en bandcamp, en soundcloud e no flickr.

8 de abril de 2015

Faixa fixe da semana (9): "Río", Flor Braier

Recuperamos este fermoso costume, o de agasallar a semana cunha canción, con Flor Braier, moza barcelobairesa (seica cunha perna en Barcelona e outra en Buenos Aires) da que pouco sabemos agás que é desa nova fornada de mulleres cantautoras, mozas, de voz doce e arranxos mínimos que tanto prestan.
No seu bandcamp ten para escoitar un EP e un miniLP.

6 de abril de 2015

C'mmons baby! #87 (afrancesadas)


Como ovos batidos até homoxeneizar clara e xema, e pasados despois pola tixola, así andamos... afrancesando a música (duración: 17'23'').


baixar .mp3 / baixar .ogg

Ligazóns relacionadas: We Are Unique RecordsHalf Asleep en Cb!adiffusser.

15 de decembro de 2014

Faixa fixe da semana (8): "Thelma or Louise?", Angil and the Hiddentracks

A semana pasada non houbo faixa fixe, porque houbo "emisión", mais retomamos cun vello coñecido, Angil and The Hiddentracks; formación liderada por Mickaël Mottet, músico xa de longa traxectoria que apostou desde case que o principio polas licenzas CC. É membro tamén do colectivo-discográfica francés We Are Unique Records.
Escollemos unha canción que fora adianto do seu disco, cheo de colaboracións, The And (2010), Thelma or Louise?, e na que compartía voces Françoiz Breut.

+info: Discografía de Angil, en deezer, en facebook.

8 de decembro de 2014

C'mmons baby! #86 (meter a zoca)


Na anterior emisión metín a zoca, dixen Dédalo onde debería ter dito Ícaro, e non vai ser a última vez que o faga. Hoxe mesmo esquecín dicir "...cuando el público hace caso" antes de poñervos un importante aviso da xente de proxecto dHábitat. (duración: 19'37'').


baixar mp3 / baixar ogg
 

Ligazóns relacionadas: Entrevista a Nouvelle Cuisine, dHábitat, LMEY Arquitectura, The Old Dada Weatherman en jamendo.com, Dada The Weatherman en jamendo.comLa noche del hombre lobo.

1 de decembro de 2014

Faixa fixe da semana (7): "When I'm gone", Robin Mitchell

Robin  Mitchell é un cantante e poeta de Bristol que gosta de mesturar xéneros, tomar emprestado e mesmo "roubar".
When I'm gone é a faixa que abre un EP novo do trinque, Dust (2014), que compuxo durante a súa xira pola China este verán.

+ info: robinmitchell.co.uk, en twitter, en soundcloud.

24 de novembro de 2014

Faixa fixe da semana (6): "Se caio", Projecto Mourente

Projecto Mourente entrou nas nosas orellas aló polo 2006 e a súa popularidade medrou axiña, coma os eucaliptos baixo os que naceu, no desaparecido netlabel A Regueifa.
A súa discografía está chea de pop electrónico doméstico, con letras ben traballadas, e inzado de pequenos hits que chegaron para ficar, xa, na nosa memoria emotivo-musical. Quen sabe se un día acaba representando a Galiza ou a Portugal no festival de Eurovisión...

Se caio é unha das faixas recollidas no, até hoxe, seu último disco: A pior (2012).

+ info: @pmourente, no tumblr.

17 de novembro de 2014

C'mmons baby! #85 (sete anos, sete faixas)

Cb!#85 (sete anos, sete faixas): Juani + The Dots + Kana Kapila + El Diluvi + Carroll + Maya Solovéy + Dadalú
Celebramos o sétimo cabodano con demora e o anuncio de nova época e formato. Comentamos tamén o resultado da enquisa que lanzamos días atrás e obramos o que consideramos mellor (para ter máis ou menos contentos a todos). Estreamos nova sección: As faixas do faiado, recuperando aos The Dots. (duración: 39'20'').


baixar mp3 / baixar ogg
Ligazóns relacionadas: Radio Bertoldo.

3 de novembro de 2014

Faixa fixe da semana (3): "Lavender", Power und Beauty


Power und Beauty son (ou eran, non sabemos que foi delas desde 2011) catro mozas de Spokane, (Washington): Sarah Moyer, Caroline Fowler, Anna Collins-Wakeman e Karli Fairbanks.
Facían un folk-pop feitizeiro, cheo de harmonías vocais, valses e ritmos bávaros. Descubrímolas no selo Peppermill Records, onde aínda podedes atopar o único disco delas que coñecemos, The Gnome EP (2010).
Tamén podes escoitalo e baixalo no FreeMusicArchive.
cookieassistant.com