Celebration é unha banda de Baltimore, liderada pola vocalista Katrina Ford e o músico Sean Antanaitis. Publicaron os seus dous primeiros discos, 
Celebration (2005) e 
The Last Tribe (2007), para 4AD e chegaron acadar certa sona entre o público e os medios máis espelidos. Mais racharon coa discográfica e un par de anos despois deciden facer un experimento, o album 
Hello Paradise (2010), "inspirado" no tarot e cunha premisa:
"Our plan and experiment is to post new songs monthly, as we create and record them. Under the creative commons attribution non-commercial share alike license..."
O compilado está cheo de grandes faixas e conforman, na miña opinión, un dos máis grandes discos publicado baixo licenzas Creative Commons.
+info: Celebration website, 
blog Electric Tarot, 
no Instagram, 
no twitter, 
en bandcamp, 
en soundcloud e 
no flickr.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.