29 de marzo de 2009

C'mmons baby!#29 (proscritos voluntarios)

De cada vez hai máis músicos, xa con nome feito e sona, que fuxen das súas discográficas, rachando as cadeas que os atan, para sentirse libres e ter así o control da súa obra; para decidir eles o xeito, o onde e o cando distribuir a súa música. Hoxe en C'mmons baby! imos falar dalgúns deles. No blog Remixtures publicaron o artigo que nos inspirou e desde o cal partimos nesta viaxe.
Tamén desvelamos o gañador do concurso de Keyboard Rebel, con quen axiña imos contactar por correo electrónico para acordar como enviarlle o premio. Parabéns ao afortunado!


Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Remixtures; CASH music; NIN|JA 2009; o vídeo de Angil e Françoiz Breut no youtube.com; Françoiz Breut.

16 de marzo de 2009

C'mmons baby! #28 (as músicas que veñen a nós)

Depois de máis de tres anos pesquisando na rede músicas libres, e case ano e medio de C'mmons baby! chega un momento no que é a musica a que xa vén a nós e non precisamos de saír por ela.Comezamos cunha pequena homenaxe a Tom Fahy (Quinn McCarthy) que finou o pasado verán aos 37 anos deixando atrás del, co seu ensemble, máis de 50 álbumes gravados.
Achegámonos ao netlabel Headphone, especializado en música electrónica, despois de que o seu rexedor Tommy nos deixase unha nota no taboleiro de mensaxes do grupo de CB! no last.fm
Celebramos o agardado longa duración dos Quant, e seguimos co concurso aberto na emisión pasada: un lote de merchandising baby! (camisola + 3 chapas) e o CD-single dos Keyboard Rebel (My Lordship) a sortear entre os que respondan a unha sinxela pregunta, Como se chama o album debú dos Keyboard Rebel?... e anunciamos que o premio, se cadra pode ser incrementado... non digo máis!



Baixar o mp3

*Gosprom non é un trío como dixen, senón quinteto

Enlaces relacionados: Tom Fahy no archive.org, Rachael Eisley; Headphonica; La Fanfare de la Fatalité no myspace; A Regueifa; Aaah! Records.

1 de marzo de 2009

C'mmons baby! #27 (votamos por compartir)

Despois de gozar na xornada de reflexión co concerto final de A Coruña Son, hoxe votamos pola música feita para compartir.
Traemos algunhas das novidades de A Regueifa Plataforma, saudamos aos votantes vascos, máis novidades desde a Florida e Alemaña, e un novo concurso de C'mmons baby!
O premio: un lote de merchandising baby! (camisola + 3 chapas) e o CD-single dos Keyboard Rebel (My Lordship) a sortear entre os que respondan a unha sinxela pregunta, Como se chama o album debú dos Keyboard Rebel? Manda a túa resposta ao noso correo ictioscopio[arroba]gmail.com e sorte!
Ah! tedes de tempo até o 28 de marzo.


Baixar o mp3

Enlaces relacionados: A Coruña Son; A Regueifa Plataforma; Seiurte no Jamendo; Rack & Ruin Records; Aaah! Records; Corpid.
cookieassistant.com