16 de outubro de 2010

Achégase o 3º cabodano!

Ola, d'aquí a dúas semanas C'mmons baby! vai facer tres anos de emisión de músicas libres. Pasa o tempo coma unha centella!
Quería pedirvos un favoriño e axuda para o vindeiro 1 de novembro facer un programa especial.

Quixera que me mandásedes un correo (preferentemente unha gravación de voz de non máis de 2 minutos, mas tamén pode ser un textiño breve) cun saúdo, que me contedes un pouco desde cando coñecedes CB!, desde onde é que o escoitades, que vos gusta (ou non) e o porqué... ou o que se vos ocurra, e dicirme tamén unha canción ou músico que teñades descuberto aquí e sexa xa parte da vosa banda sonora persoal; así, entretodos, imos conformar a escolma musical dese día.

Veña, ide preparando un correo-e a info@commonsbaby.com co asunto: "3º cabodano" e entre os que participedes vou sortear unha camisola e unha chapa "conmemorativa" do 3º cabodano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

cookieassistant.com