31 de decembro de 2010

Onda baby / C'mmons 66! (resumo 2010)

Miguel Acín (onda66) e máis eu decidimos facer unha emisión final de ano conxunta, falando relaxadamente do mundo do netaudio e a música libre e escolmando algunhas das cancións e artistas favoritos de 2010. Ficou un programa longo de máis para o cotián, culpa miña de falar tanto, mas ambos agardamos que non se vos faga pesado e gozedes con el. Feliz 2011 a todos! (duración 1h32'53")



Baixar o mp3

19 de decembro de 2010

Fora de tono #003

Terceira emisión de Fora de tono, música libre para ouvidos ultrasensíbeis.
Especial dedicado a Peppermill Records e o seu proxecto colectivo 2999 , unha banda sonora para o século XXX. (duración 12'39'')


baixar mp3

9 de novembro de 2010

C'mmons baby#61 (especial 3º cabodano)


Este si é o especial 3º cabodano de C'mmons baby!
Primeiro de todo agradecer aos que escribiron e/ou mandaron mensaxes sonoras para unirse a esta pequena festa.
36 meses, máis de 60 emisións, 10 entrevistas, ninseicantos músicos e cancións... xente que escribe e nos sigue desde unha chea de países do mundo... se cadra o PDM non vai tan mal. (duración 53'08")


Baixar o mp3


Ligazóns relacionadas: A Regueifa; onda66; Radioceánica; Zimmer103; Intangible 23; trastienda.org ; Circle into square.

31 de outubro de 2010

C'mmons baby! #60 (de bares e amizades)

Esta aínda non é a emisión especial 3º cabodano.
Imos cavilar un chisco sobre a música e o uso que se fai dela nos bares, novos amigos que contactaran con nós estes días atrás, algunha novidade e máis cousiñas.


Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: No-Source; Inmyroom Records; A Regueifa; Blackfish Discos; Free Albums Galore.

16 de outubro de 2010

Achégase o 3º cabodano!

Ola, d'aquí a dúas semanas C'mmons baby! vai facer tres anos de emisión de músicas libres. Pasa o tempo coma unha centella!
Quería pedirvos un favoriño e axuda para o vindeiro 1 de novembro facer un programa especial.

Quixera que me mandásedes un correo (preferentemente unha gravación de voz de non máis de 2 minutos, mas tamén pode ser un textiño breve) cun saúdo, que me contedes un pouco desde cando coñecedes CB!, desde onde é que o escoitades, que vos gusta (ou non) e o porqué... ou o que se vos ocurra, e dicirme tamén unha canción ou músico que teñades descuberto aquí e sexa xa parte da vosa banda sonora persoal; así, entretodos, imos conformar a escolma musical dese día.

Veña, ide preparando un correo-e a info@commonsbaby.com co asunto: "3º cabodano" e entre os que participedes vou sortear unha camisola e unha chapa "conmemorativa" do 3º cabodano.

11 de outubro de 2010

Radio Oceánica (13)

Despois de bastantes meses, onte volvemos pasar por Radio Oceánica para falar de máis músicas libres.
E ficou fóra por falta de tempo: Yawn. Toys (Yawn EP).

Podedes baixar os temas aquí (.zip 40.24 MB) ou escoitar a emisión completa aquí, calcando en Horario e gravaciónse e buscando a emisión do 10 de outubro de 2010, ou directamente aquí.

25 de setembro de 2010

7 de setembro de 2010

C'mmons baby! #59 (entrantes e tapas)

Non sei a vós, mais a min o sol e a praia dánme fame e esta ausencia máis longa do normal tamén; por tanto vouvos levar a un chiringuito a tomar uns novos e gorentosos entrantes e algunhas tapiñas coñecidas mais saborosas.
Setembro novamente, tempo de rentrées, comezar ligas deportivas e novas coleccións de fascículos inútiles. A miña proposta é que enchades os vosos andeis (reais ou binarios) de novos sabores e receitas musicais. (duración 41'41'')


Baixar o mp3


Ligazóns relacionadas: Vosotros; Ideology; blocsonic; Go! Jukebox; Poni Republic; trastienda.org; Lepork Records; Musicando Carvalho Calero.
cookieassistant.com