18 de febreiro de 2013

C'mmons baby! #79 (secuestro no LAV13)

Liberado xa, polos amabeis alumnos secuestradores, publico a crónica do que foi unha experiencia tan arrepiante como gostosa. Isto é o que deu de si o Obradoiro de radio e podcasting desta fin de semana en Vedra. Grazas a todos os alumnos (Belén, Concha, Susana, Cristina, Sonia, Cristina, Mónica, Sergio, Lorena, Miguel, Jesús, Cristina e Antón) por facerme pasalo tan ben, por terme axudado a aprender con eles (oxalá eles aprenderan tamén comigo); e grazas tamén á xente de Senunpeso por me chamar para isto. Nos vindeiros días subirei a emisión que tería sido de non ser secuestrado. (duración: 14'46")


Baixar .mp3 / Baixar .ogg

Ningún comentario:

Publicar un comentario

cookieassistant.com