11 de xaneiro de 2009

disco encarnado 2008


Con máis atraso do que quixera (era para sacalo nas datas do nadal), achego unha nova escolma de 21 cancións que podedes topar e descargar libre e consentidamente na rede se seguides as ligazóns. Desta vez son 20 temas de 20 bandas ou solistas que fun descubrindo ao longo dos últimos meses do pasado 2008 e que por espazo e tempo non chegaron soar en c´mmons baby!; de bonus vai unha de b fachada, para min a máis interesante descuberta deste ano que morreu, chegado desde o netlabel portugués merzbau.
No .zip van as cancións, a portada e un pequeno .pdf coas ligazóns e a listaxe que segue abaixo.
Agardo que gocedes coa escolla, podedes baixar a escolma aquí (.zip 99.22 MB).

  1. paracaidas que no abre. que se salven todos menos usted 3:45 (mx)
  2. the dead bodies. total destruction 2:15 (us)
  3. the transisters. my monkey is dead and gone 2:04 (it)
  4. the walt. disco 5:23 (nl)
  5. pullover. sushi 3:12 (cat)
  6. this co. as you know 4:10 (cl)
  7. efectos espaciales. why 3:11 (cl)
  8. depressive art. pyschedelic ghostride 3:42 (se)
  9. américa del sur. I don’t know you and we’re not even friends 4:02 (us)
  10. sickboys and lowmen. every day 3:45 (nl)
  11. bam bam. por favor no vuelvas a nacer 2:40 (mx)
  12. chapi chapo & les petits musiques de pluie (con boo hoo). litlle hand in my hand 2:21 (fr)
  13. tiny creatures. she was a leopard 1:19 (il)
  14. superfluo. día de la marmota 3:32 (ar)
  15. la patrulla espacial. toda la noche 2:04 (ar)
  16. bicicletas. quema 4:06 (ar)
  17. lamont. no regrets 3:27 (se)
  18. hi-fi hustlers. power version 3:51 (us)
  19. sr. amable. pasa las armas (amapolas demo) 2:34 (mx)
  20. emilio josé. cristina villanueva 2:09 (gz)
  21. b fachada. faz-me bem a mim e mal ... 3:45 (pt)

4 comentarios:

  1. Espantajero mayor del reino1/13/2009 3:57 p.m.

    Hola:
    Fantástica esta escolma. Compite con el disco rojo de los Beatles.
    Aquí te dejo una video-entrevista a nuestro admirado Blutch, por si te apetece echarle un vistazo:
    http://www.dailymotion.com/video/x7yqtj_blutch-rencontre-avec-un-bdaste_creation

    Un saludo!!

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Espantajero, alégrame saber que che gustou, vou ser ese vídeo xa! ;)

    ResponderEliminar
  3. Moi boa recopilación. Hai para todos os gustos. Gustoume moito "Pyschedelic Ghostride" de Depressive Art pola forza que transmite, "Toda la noche" de La Patrulla Espacial porque son un amante do rockandroll e "Every Day" de Sickboys and Lowmen porque simplemente é moi bonita. "Que se salven todos menos usted" está tamén moi ben. Recorda (salvando as distancias, claro) a Jim Morrison e o seu An American Prayer.

    ResponderEliminar
  4. Graciñas Óscar polo teu comentario, tento sempre que as escolmas teñan un pouco de todo; e o importante é que se algo vos gusta sigades as ligazóns e escoitedes máis polo miudo aos artistas.

    ResponderEliminar

cookieassistant.com