13 de xuño de 2008

C'mmons baby! #14 (projecto mourente - kara.o.ke)

Con algún día de atraso traemos unha estensa e interesante entrevista con Carlos Valcárcel, alma nai de Projecto Mourente, que hai poucas semanas lanzou o seu segundo disco: Kara.o.ke. Maravillosa conversa de case de dúas horas, que resumimos á metade con cancións engadidas, para descubrirmos algúns dos segredos da produción deste agardado lanzamento e algunhas curiosidades e revelacións deste grande artista amador.
Abrimos tamén un concurso!! Sorteamos un cd de Kara.o.ke asinado polo propio Carlos Valcárcel entre todos os que respondan correctamente á pregunta: Que é e onde está Mourente? Enviainos un correo-e coa resposta antes do 1 de xullo (e para que vexades que somos bos, imos axudarvos cunha pista, que podedes atopar aquí.)
Desculpai o ruido de fondo que metían uns alumnos que preparaban un traballo deixado para última hora nas mesas do lado. Outras veces que pasamos por El nido del cuco non había tanto balbordo. Agardamos ter mellor son noutras entrevista.


Baixar o mp3

  • Projecto Mourente. Demasiado Popi
  • Projecto Mourente. Controla-te
  • Projecto Mourente. Cobro em B
  • Projecto Mourente. Vamos queimar París
Enlaces relacionados: Projecto Mourente; A Regueifa.

5 comentarios:

  1. Coincidencias da vida, xusto sacas un podcast sobre Projecto Mourente cando saco eu un cousas cunha canción del. É sinxelamente xenial. Saúdos Uxío

    ResponderEliminar
  2. As cousas boas nunca chegan soas :)

    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  3. Responderialle por correo-e mais ao non dar atopado correo de contacto, aí vai: Mourente, concello de Pontevedra.

    Por certo, este podcast está niquelado :D

    ResponderEliminar
  4. opaco, entón, vou ter que facer o botón que hai arriba, na columna da esquerda cun icono dun sobre e o texto CONTACTO, un chisco máis grande? :D
    Xa estás nas ligazóns de honra ;)

    ResponderEliminar

cookieassistant.com