21 de febreiro de 2008

Parabéns ao premiado!

Francisco Dans co premio na man
Pois inauguramos a nova xeira dando conta, con algo de atraso, da entrega en man do premio do concurso que fixeramos para sortear o primeiro álbum de Odran Trümmel.
O gañador e, hai que dicilo todo, único participante foi Francisco Dans, un dos fedellos que argallan Sounds OK, ese podcast de música e caralladas. A entrega fíxose aproveitando a mini-xuntanza podcasteira que se fixo o pasado martes 5 de febreiro en Compostela.
Aí o tedes, todo cheo gabando de premio!

4 comentarios:

  1. Jodeeeer Uxio non habia unha foto máis fea carallo?

    ResponderEliminar
  2. é a única que teño contigo co CD, se tes outra mellor pásama e póñoa :D

    ResponderEliminar
  3. hahaha, non había unha na que ti mo dabas?

    ResponderEliminar
  4. penso que había gravación en vídeo do momento, pídella a Nico ;)

    ResponderEliminar

cookieassistant.com