3 de xullo de 2012

C'mmons baby! #73


Con tanta política de recortes imos de cabeza cara o precipicio da miseria, e no horizonte nada máis se ve un deserto ermo, mais estrelado. (duración: 19'28")




Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Tomás Roncero a chorar; Fundación Robo.

3 de xuño de 2012

C'mmons baby! #72

Amiguiños, imos para o carallo, isto vai do malo para o pior, estamos no bordo do precipicio, é a fin que agoiraban os maias... E como chegamos a isto? pola cobiza enferma e a propia existencia do diñeiro. Isto só se amaña cunha revolta. Mais non vos preocupar, todo ha volver ao de antes e todos felices. (duración: 17'44").




Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Fundación Robo, Komunikando, Doutor Apertas (Tributo a Magín Blanco).

24 de abril de 2012

C'mmons baby!#71

Parecía que o verán adiantado chegara para ficar, mais volveu a chuvia e houbo que tirar outra vez de gabardinas. Tamén Cb! volve aínda que alguén poidera pensar que coas longas ausencians entre emisión e emisión xa estaba morto. Murmuracións (duración: 17'29").



Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Aaahh Records.

28 de marzo de 2012

C'mmons baby!#70

Pasou tanto tempo que non sei se aínda haberá alguén aí, agardando. A escolma desta emisión estaba pensada para os días de frío de princípios de ano. Agora vai sol, calor e as raiolas de sol entran brillando radiantes pola fiestra dos nosos estudios en Oslo (duración: 14'04").



baixar .mp3 / baixar .ogg

Ligazóns relacionadas: Upitup Records.

31 de decembro de 2011

C'mmons baby!#69

Nesta época do ano de friaxes, chuvias e festas de solsticios invernais, o que máis presta é ficar na casa, a caloriña do lar (duración: 15'59").


Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Pueblo Nuevo, A Regueifa, EardrumsPop.

11 de novembro de 2011

C'mmons baby!#68

Pasou o día de defuntos, o noso cabodano, e chega o noso especial con algo de demora, ben é certo que hoxe é san Martiño, que tamén é un día de defuntos, de porcos defuntos. Repasamos as catro cancións libres máis escoitadas nestes catro anos que levamos de andada. (duración 20'13")


Baixar o mp3


Ligazóns relacionadas: We Are Unique Records, Hit City USA, Poni Republic.

20 de setembro de 2011

C'mmons baby! #67

Os paxaros foron cantar á terra do millo corvo porque son ceibes, porque poden ir e vir onde lles pete. Pola contra, nós (tamén coñecidos como humanidade) somos escravos dos cartos (duración 16'30").



Baixar o mp3

Ligazóns relacionadas: Mimi Records.

13 de xullo de 2011

C'mmons baby! #66

Igual é que se dan poucos agradecementos, por iso están aí eses animais a falar á beira do mar de xenebra azul das botellas dun andel da licoraría dos señores Ellises... comezamos. (duración 11'53")



Baixar o mp3


Ligazóns relacionadas: Aaahh Records; Enough Records.
cookieassistant.com