Aproveitando que o pasado 21 de maio foi o día da diversidade cultural, iniciamos o C'mmons baby! en inglés (:P) e facemos unha pequena viaxe por linguas aínda pouco "populares" á hora de cantar nesta península nosa: asturiano, éuscaro e catalán... Tamén polo aquel do DdoOLeR e o día da Toalla paramos un chisco en Portugal para darlle a bemvinda ao regresso do netlabel You Are Not Stealing Records. Rematamos cun adianto do xa inminente novo disco dos Ataque Escampe, A grande evasión.
Encetamos a semana das Letras, das nosas letras, facendo un pequeno repaso polas novidades na música libre galega destas últimas semanas. Fixemos especial detenemento na Regueifa Plataforma e Fanny + Alexander que, hai pouco, fixo os tres anos desque presentaran aquel Lusco e fusco, e apostaron por pór música aos novos valores da nosa literatura.
Recupero as entradas das miñas colaboracións en Radio Oceánica, que tiña algo abandonadas. Este domingo 3 de maio fixen a seguinte escolma (ainda que só puideron emitirse 4 cancións por falta de tempo).
Levabamos xa tempo detrás dos Nouvelle Cuisine para que nos falasen do seu último disco "de memoria"; aproveitamos que van tocar o 1 de maio no Festival do Norte para entrevistar a Carlos Lens, baterista da banda. Descúbrenos as sorprendentes aventuras e desventuras de sacar un disco fóra da "industria" (a entrevista fíxose na terraza do bar As Dúas, onde non é raro escoitar as músicas recollidas nas escolmas de C'mmons baby! ao tempo que comedes unha das súas fabulosas tostas).
Tamén temos unha pequena lembranza para o 25 de abril portugués, e despedimos ao netlabel Merzbau. Rematamos cun disco dos Keyboard Rebel (baixo o alcume de Slope) que fixeron alá atrás en apenas 24 horas pechados nun cuarto.
Os que me coñecen saben que nunca fun fan de twitter, mas seguindo co meu PDM vía C'mmons baby! decidín que en cantos máis sitios estea e máis posibilidades dea para que a xente fique ao tanto das actualizacións, máis se espallará a boa nova das músicas libres e blablablá...
Por tanto aí na esquerda podedes ver outro novo botón "social" para seguir CB! tamén en http://twitter.com/commonsbaby
(Ah, e tamén engadín un botón para enviar as entradas ás distintas redes sociais e agregadores, por se considerades que algunha paga a pena espallala e facerlle propaganda...)
Como andei de viaxe, estes días apenas tiven tempo de preparar a nova emisión do C'mmons baby! por tanto, imos improvisar un con menos palabras e máis música; ás veces con sabor a morriña e chuvia, ás veces con sabor a enerxía e a sol, como o tempo meteorolóxico que tivemos nesta semana de paixóns e folganzas.
De cada vez hai máis músicos, xa con nome feito e sona, que fuxen das súas discográficas, rachando as cadeas que os atan, para sentirse libres e ter así o control da súa obra; para decidir eles o xeito, o onde e o cando distribuir a súa música. Hoxe en C'mmons baby! imos falar dalgúns deles. No blog Remixtures publicaron o artigo que nos inspirou e desde o cal partimos nesta viaxe.
Tamén desvelamos o gañador do concurso de Keyboard Rebel, con quen axiña imos contactar por correo electrónico para acordar como enviarlle o premio. Parabéns ao afortunado!
Depois de máis de tres anos pesquisando na rede músicas libres, e case ano e medio de C'mmons baby! chega un momento no que é a musica a que xa vén a nós e non precisamos de saír por ela.Comezamos cunha pequena homenaxe a Tom Fahy (Quinn McCarthy) que finou o pasado verán aos 37 anos deixando atrás del, co seu ensemble, máis de 50 álbumes gravados.
Achegámonos ao netlabel Headphone, especializado en música electrónica, despois de que o seu rexedor Tommy nos deixase unha nota no taboleiro de mensaxes do grupo de CB! no last.fm
Celebramos o agardado longa duración dos Quant, e seguimos co concurso aberto na emisión pasada: un lote de merchandising baby! (camisola + 3 chapas) e o CD-single dos Keyboard Rebel (My Lordship) a sortear entre os que respondan a unha sinxela pregunta, Como se chama o album debú dos Keyboard Rebel?... e anunciamos que o premio, se cadra pode ser incrementado... non digo máis!