6 de abril de 2010

C'mmons baby#54 (eppur si muove)


Vén de rematar a semana santa e nós encetamos a "semana ética". Hoxe traemos proxectos, compilados ou discos colectivos que dun xeito ou doutro teñen un especial compoñente de movemento social ou reivindicativo. (duración: 31'31'')



Baixar o mp3

52 weeks: spring | Peppermill Records
Femelek: la dona i la música electrònica a Barcelona | Phlow.es
Fundació per la pau: Música per la pau | Phlow.es
  • Sr. Aye. On hi ha persones hi ha conflictes
  • Anímic. Difusió i promoció de la Noviolència
Correlingua: Cantalingua | Komunikando.net

A Coruña Son 2010

Xa está en marcha a edición 2010 do concurso A Coruña Son, e desde a organización achegáronnos o cartel, e pediron que espallásemos a boa nova:
Nesta ocasión o plan é un pouco diferente ao dos anos anteriores. Por unha banda non teremos a Santiago Auserón, senón a Gastón Rodríguez, Andrés Teijeiro, Bieito Romero (Luar na Lubre) Xabier Díaz e Carmen Rei. [...] O prazo está agora aberto até o 11 de abril, [...] pero creo que o imos prolongar até o 2 de maio.
A Coruña Son 2010
Xa sabedes, a mandar as vosas cancións!!

22 de marzo de 2010

C'mmons baby#53 (na primavera, coidate das feras)


Chegou a primavera, tempo de sol e calor; mingua a roupa e medra o amor. Non sabe un moi ben como é que acontecen estas cousas, mas súpeto un día veste arrodeado de osos, polares ou bi-polares a meirande parte deles, é por iso que hoxe facemos unha viaxe ao redor de proxectos que dun xeito ou outro teñen a ver con osos e feras. (duración: 33'36'')


Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Rack & Ruin Records; Setting World Records; Bad Panda Records; Beep! Beep! Back up the Truck; A Regueifa Netlabel.

7 de marzo de 2010

C'mmons Baby!#52 (vellos tempos)


Día de recuperar artistas con vellos discos polos que parece que non pasa o tempo. Sabemos que muitos deles están a piques de lanzar novas cancións, adiantámonos para abrirvos o apetito. Tamén falamos da campaña de captación de "membros benfeitores" do selo francés We are Unique Records.
E inauguramos nova sección: nosso som common, onde imos ter un espazo para artistas que cantan na língua común de galegos e lusófonos.


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: We are Unique Records; Poni Republic; Fresh Poulp; Another Records.

3 de marzo de 2010

Hoxe estamos en Intangible 23 (Canarias Ahora Radio)

Hai uns día contactou comigo Ayoze García, director e presentador de Intangible 23, un novo espazo sonoro sobre músicas libres. Ben, novo novo non é porque seica levaba xa máis dun ano emitindo por Radio Guiniguada, mas agora deu o chimpo a Canarias Ahora Radio con catro horas semanais (de luns a xoves). Pois ben, envioume un correo para ver de entrevistarme no seu programa e falar un chisco de C'mmons baby! e das músicas de libre distribución; eis que hoxe a partir das 13.00 h. hora das Canarias e Portugal (14.00 h. hora oficial española) estarei nas ondas radiofónicas. Se queredes, podedes escoitalo en directo dende a web da emisora.
Onte falou con David Domingo, de netaudio.es e Phlow.es, dous dos sitios de referencia na escea do netaudio en España. Tedes o corte da entrevista nesta ligazón.
Axiña vai ter traballando os rss do programa para que se poida escoitar encasulado (podcast), entramentes podedes facervos seareiros e estar ao tanto das novidades na súa páxina en Facebook ou na súa conta en Twitter.

Xa podedes escoitar a entrevista aquí.

Graciña Ayoze!

23 de febreiro de 2010

C'mmons Baby! #51 (gomos e guichos)


A emisión de hoxe ten dúas partes: unha máis calma e outra máis enerxética. Mostramos o proxecto solo de David Miranda, cantante e guitarrista de Nouvelle Cuisine, a primeira (que saibamos) aparición de Mia Doi Todd nun disco publicado baixo licenzas CC, repasamos algún disco de hai tempo e damos a benvida ao novo EP do trío californiano The Franks. (32m12s).


Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Discos Perdidos; Bandcamp; Vosotros; Cyané en Delhotel Records; A Regueifa; 23 seconds; en Sonic Space Foundation falan do disco dos Guezos.

8 de febreiro de 2010

C'mmons Baby! #50 (bit! bit!)

Chegamos á emisión 50 de C'mmons Baby! toca revisar o rumbo; entramentres facemos esta emisión chea de bits. Tiñamos algo esquecida a música electrónica, tan abondosa nas veigas dos netlabels. Tamén recibimos dous novos selos, o francés Trazart e o galego O Toxo Rabudo.
Se tedes ideas para renovar o programa deixade un comentario ou mandade un correo a ictioscopio@gmail.com. (32m53s).


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: Budabeats; D'r Sjaak en WM Recordings; Phlow; 23 seconds; Tazart; O Toxo Rabudo.

6 de febreiro de 2010

Hoxe andarei por Pontevedra falando de CC e musicas libres

local de musica
Pois si, hoxe sábado día 6 de febreiro vou pasar polo Local de Música de Pontevedra para dar unha pequena palestra sobre as licenzas Creative Commons e as músicas libres. Vai ser a iso das 20h.
O Local está na rúa Otero Pedraio, s/n, moi perto da estación de autobuses.
cookieassistant.com