Hai uns día contactou comigo
Ayoze García, director e presentador de
Intangible 23, un novo espazo sonoro sobre músicas libres. Ben, novo novo non é porque seica levaba xa
máis dun ano emitindo por
Radio Guiniguada, mas agora deu o chimpo a
Canarias Ahora Radio con catro horas semanais (de luns a xoves). Pois ben, envioume un correo para ver de entrevistarme no seu programa e falar un chisco de
C'mmons baby! e das músicas de libre distribución; eis que hoxe a partir das 13.00 h. hora das Canarias e Portugal (
14.00 h. hora oficial española) estarei nas ondas radiofónicas. Se queredes, podedes escoitalo en directo dende
a web da emisora.
Onte falou con
David Domingo, de
netaudio.es e
Phlow.es, dous dos sitios de referencia na escea do netaudio en España. Tedes o corte da
entrevista nesta ligazón.
Axiña vai ter traballando os
rss do programa para que se poida escoitar encasulado (
podcast), entramentes podedes facervos seareiros e estar ao tanto das novidades n
a súa páxina en Facebook ou n
a súa conta en Twitter.
Xa podedes escoitar a entrevista aquí.
Graciña Ayoze!