De cada vez hai máis músicos, xa con nome feito e sona, que fuxen das súas discográficas, rachando as cadeas que os atan, para sentirse libres e ter así o control da súa obra; para decidir eles o xeito, o onde e o cando distribuir a súa música. Hoxe en C'mmons baby! imos falar dalgúns deles. No blog Remixtures publicaron o artigo que nos inspirou e desde o cal partimos nesta viaxe.Tamén desvelamos o gañador do concurso de Keyboard Rebel, con quen axiña imos contactar por correo electrónico para acordar como enviarlle o premio. Parabéns ao afortunado!
Baixar o mp3
- Azevedo Silva. Rugas
- Celebration. I will not fall
- Kristin Hersh. Speedbath
- Donita Sparks & The Stellar Moments. Into the Hi-FI
- Street Sweeper. The Oath
- Angil & The Hiddentracks (con Françoiz Breut). Thelma & Louise

